adiviñas de animais Cousas das cousas II todos os bechos que saen nesta imaxe están a agardarte para esta viaxe. No alto vive, no alto está, tecendo.
Download ReportTranscript adiviñas de animais Cousas das cousas II todos os bechos que saen nesta imaxe están a agardarte para esta viaxe. No alto vive, no alto está, tecendo.
adiviñas de animais Cousas das cousas II todos os bechos que saen nesta imaxe están a agardarte para esta viaxe. No alto vive, no alto está, tecendo arreo sen liño e sen la. A ARAÑA Adivíñeo o señor se é quen de adiviñar. De neno vivo na auga e de grande vivo no ar. O MOSQUITO Un becho pequeño, negro, barulleiro, que canta sin parar o verán enteiro. O GRILO Cal é o animal que aínda que non queira sempre vai acompañado de dúas femias? O PATO (ten dúas patas) Cal é o animal, a ver si o acertas, que leva unha silla e non senta nela? O CABALO Chámanme con “a”, eu falo con “b” e visto un xersei que aínda está sin tecer. O AÑO Calzo esporas, levo sombreiro e visto un bo traxe… sen gastar un peso (un euro). O GALO Madrugador cantareiro, fachendoso, presumido, rei no medio do seu reino e de remendos vestido. O GALO Todas as que viven no mismo rueiro, tatexan coma ela e visten remendos. A GALIÑA Pequeniña, bulideira, traballadora incansable, pasa a vida a traballar para a súa comunidade. A FORMIGA Non madruga moito e logo se recolle, e pasa moitas horas preparando dóces. A ABELLA Nin é cabalo nin é burro, nin é mellor nin é peor. Nin é blanca nin é negra nin tampouco e doutra cor. A CEBRA Adiviña adiviñador cal é o animal que che digo. A todos lle gusta máis despois de morto que de vivo. O PORCO Pequeniña, rebuldeira, ampárase onde pode e agradece o asilo molestando a quen a acolle. A PULGA Nunha planta, noutra planta, en todas chama a atención polas formas, polas cores, e non é ningunha flor. A BOLBORETA Quen é este señor tan fino. Pasa, case, o día a durmir, vai pasear pola noite e ten cen mañas para vivir. O GATO Quen será este señor, que sen ter pés nin ter mans, móvese tranquilamente e camiña sen tocar o chan. O PEIXE Onte vin un animal que me sorprendeu de veras. Ten catro patas, medio rabo e unhas cumpridas orellas. O COELLO Dime ti, se o sabes, que animal pode ser. Abánase se está contento e baila antes de comer. O CAN Móvense, se poden, en bandos, peteirando aquí e acolá, e viven, cada unha no seu cuarto, nunha casa comunal. AS POMBAS Quen será esta señora, non é nova nin é maior, que pasa verán e inverno vestida cun cobertor. A OVELLA Ten os cornos revirados e viste cun cobertor. Adiviñarás algún día quen che é este señor? O CARNEIRO De vez en cando pónseche arriba un pequeno visitante que non fai moito barullo, pero que amola bastante. O PIOLLO Non é moita a súa forza nin é moito o seu tamaño, pero hai quen se asusta ao velo e todos temen o seu daño. O RATO Da árbore ao chan, do chan ao tellado, pasa todo o día subindo e baixando. Baixando e subindo, de aquí para alá buscando migallas para se alimentar. O PARDAL Quen serán estas señoras: grandes, fortes, ben armadas; unhas viven soltas nas leiras e outras na casa pechadas. AS VACAS Son grandes como as vacas, teñen cornos como as vacas, comen herba como as vacas… e non son vacas. Quen son pois? OS BOIS Estira, encolle, adianta e volve. Estira, encolle, adianta e volve… A MIÑOCA Ten cornos e non é vaca, come verde e non é ovella, dorme de día, sae de noite e leva a casa con ela A CARACOLA Sexa doméstica ou brava, sexa mona ou coronada, sube e baixa as penedías “como Pedro pola casa” A CABRA Quen será este señor de mirada atravesada: un barbón impoñente coa testa coroada. O CASTRÓN Que animal pode ser o que fai unha cousa tan rara: vai e ven polos camiños sen saír da súa casa O SAPOCUNCHO Un ruído, unha mancha, unha sombra fuxidía que se coou na gareta antes de que ti o viras. Para que saibas quen é vouche axudar un pouco. Ten corpo esvelto, vista aguda patas curtas e rabo longo. O LAGARTO Nace na auga. Vive na terra e non ten o corpo feito para as présas O SAPO A ver se sabes dicir quen é esta señora tan fina que sen ter brazos abraza e sen ter pernas camiña. A CÓBREGA Non é un paxaro. Tampouco é un rato. Pasa o día durmindo e bota a noite voando. O MORCEGO Dache noxo verme agora, pero en pasando un tempo se un día me achego a ti poñeraste ben contento EIRUGA e BOLBORETA Son verde e non son planta. Salto e non son saltón. Ando na auga e non son peixe. A ver si adiviñas quen son? A RAN Pequerrecho, choromica, vestidiño de algodón, fillo dunha nai tatexa e dun pai madrugador. O PITO Non te rías do seu nome que o nome non é máis que eso. É listo como o que máis, serio, traballador e rexo. O BURRO Son un animal común, pola fortuna agraciado. Se quero voo, se non, ando e na auga nado O PARRULO Para vaca… non ten tetos, loura… non llo da a cor. Quen será, entón, o becho que tamén escorna bois? A VACALOURA ou ESCORNABOIS Curiosa como a que máis, a primeira das lambonas, o mesmo come nun dóce que se pousa nunha bosta. A MOSCA Quen será esta señora que anda por faios e alboios: vida nocturna, voar silenzoso, cor pardacenta e grandes ollos. A CURUXA Quen será o que desde o escuro non te deixa de mirar, o que, sen saír do seu posto, ve para diante e para atrás O MOUCHO Chega de terras de lonxe a anunciar a primavera co seu traxe ben lustrado e a súa leda cantarea. A ANDURIÑA Quen sabe cal é o paxaro negro como o corvo negro, celebre asubiador, que ten o bico amarelo? O MERLO Pola rúa abaixo vai un becho extraño: pequeniño, orelludo e cun longo rabo. O RATO Unha caixa ben pechada na que se garda un segredo que se estraga se se abre desde fóra e se desvela se se abre desde dentro. O OVO segredo estragado segredo desvelado E coa adiviña do ovo e o futuro que encerra damos por rematada esta segunda entrega fin As imaxes do mosquito, a pulga, o piollo, o sapocuncho e os ovos foron collidas da internet. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta