RAID en Linux - Freenas Profesor: Manuel Vieites Rodríguez Correo: [email protected] IES: San Clemente Versión: 18-09-2006 Índice 3.

Download Report

Transcript RAID en Linux - Freenas Profesor: Manuel Vieites Rodríguez Correo: [email protected] IES: San Clemente Versión: 18-09-2006 Índice 3.

RAID en Linux
- Freenas Profesor: Manuel Vieites Rodríguez
Correo: [email protected]
IES: San Clemente
Versión: 18-09-2006
1
Índice
3. Introdución
4. Instalación de Freenas
11. RAID0
30. RAID1
43. Mais traballo con Freenas...
2
Introdución.
-FreeNAS é un servidor NAS de código aberto, que pode
converter un PC nun servidor de almacenamento en rede.
-O software, que está baseado en FreeBSD, Samba e PHP,
inclúe un sistema operativo con soporte para software
para distintos modelos RAID e cun sistema de
administración vía web.
-O servidor soporta accesos dende diferentes máquinas
tipo Windows, Apple Macs, FTP, SSH e Network File
System (NFS).
-Está orientada a ser minimalista, para instalarse nunha
Compact Flash de 16MB, disco duro ou incluso nun
pendrive USB.
3
Instalación de Freenas.
O primeiro é crear unha máquina virtual con 128 MB de RAM e con 3 discos duros de 1 GB.
Iniciaremos o equipo facendo que arranque dende CD e faremos a instalación do sistema no primeiro dos
discos duros. Iso fará que, como o disco no que se instala Freenas non pode ser empregado para facer
RAID, quedarémonos só con dous, polo que só poderemos crear un RAID0 e un RAID1, suficientes para ver
o funcionamento deste sistema.
Arrancamos dende o CD empregamos a imaxe ISO deste.
4
Instalación de Freenas.
O equipo arranca nuns segundos, presentando un pequeno menú de 9 opcións.
Eliximos a opción 7 pois imos instalar o sistema nun dos discos
duros (Interesante a opción de instalalo nunha memoria USB).
Aquí eliximos a opción 1 pois a opción 2 non permite facer RAID có resto do disco.
5
Instalación de Freenas.
Aparecen 3 observacións que debemos ter en conta.
Pediranos o CD dende onde se instalará Freenas.
6
Instalación de Freenas.
Agora debemos indicar o disco duro no que queremos que se instale o sistema.
Despois duns segundos aparecerá
unha mensaxe indicando que o
sistema está instalado e que só
debemos extraer o CD e reiniciar o
equipo para que este arranque.
7
Instalación de Freenas.
Agora a administración do sistema faise vía Web dende un navegador instalado en outro equipo. Por
defecto a IP do sistema é 192.168.1.250. Se fose necesario, pode cambiarse a IP do equipo dende o
menú que aparece ó arrancar o sistema despois de ser instalado (Opción 2). Logo de cambiar a IP
débese reiniciar o equipo para que esta nova IP se faga efectiva.
No exemplo que aquí se está presentando non se cambia a IP.
Tamén podemos ver no manual de Freenas que, por defecto, debemos acceder ó equipo empregando
o usuario admin e o contrasinal freenas, esta configuración pódese trocar dende o navegador.
8
Instalación de Freenas.
O sitio web de configuración do FreeNAS ten a seguinte aparencia, tal e como se ve, é unha
web intuitiva e sinxela de seguir.
9
Instalación de Freenas.
Accedemos a System – General setup para configurar os parámetros xerais do sistema.
Nome do equipo
Dominio
Servidores DNS
Nome do usuario administrador
Contrasinal
Protocolo có que queremos acceder
Porto
Idioma da web. Débese deixar en Inglés pois non están traducidos
todos os menús, o cambio provocará un mal funcionamento da web.
Zona horaria
10
RAID0.
O seguinte paso é configurar os discos duros para logo crear con eles o RAID desexado.
O menú de configuración dos discos é Disks - Management.
Unha vez aí debemos pulsar no botón + para agregar un disco dos
conectados no equipo.
11
RAID0.
Recordade que o disco ad0 non se pode empregar para gardar datos.
12
RAID0.
Como os discos duros vanse empregar
para crear un sistema RAID0 hai que
escoller o sistema de arquivos RAID
gvinum; o sistema RAID gmirror só
permite facer sistemas RAID1 (aínda que,
a verdade, non funciona nada ven).
Neste intre hai que escoller o sistema de arquivos có que se
vai a formatear a partición única que terá o disco duro.
O demais mellor non tocalo.
13
RAID0.
O obxectivo é facer un RAID0 polo que debemos facer o mesmo para os dous discos que
queramos empregar. Logo hai que pulsar no botón Apply changes.
14
RAID0.
O resultado deste paso debe ser o seguinte ...
O mais interesante é fixarse en que:
-
Os dous discos deben ser do mesmo tamaño.
-
Debeuse elixir o sistema de arquivos raid gvinum, aínda que aquí non aparece ese dato
-
O estado debe ser ONLINE: quere dicir que está conectado...
15
RAID0.
Están os discos agregados, agora debemos formatealos. O software non da opción a crear mais de unha
partición, polo que ó formatear o disco créase unha única partición que se formatea.
Pasos:
1- Escoller un dos discos a formatear
2- Seleccionar o sistema de arquivos RAID Geom Vinum
3- Pulsar no botón Format disk!
16
RAID0.
Esta é a mensaxe que sae cando se formatea cada un dos dous discos duros.
17
RAID0.
O seguinte paso é crear o RAID0 empregando os dous discos duros formateados para tal efecto.
Hai que acceder a Disks – Software RAID e pulsar no botón Geom Vinum. Agora débese crear o RAID0,
para o que se pulsará o botón +.
18
RAID0.
Este paso é ben sinxelo.
Nome có que se recoñecerá ó RAID
Tipo de RAID a crear
Débense engadir os dous discos ó RAID.
Se intentamos facelo con un disco só, o sistema
devolvería un erro.
19
RAID0.
Se estamos de acordo no anterior debemos pulsar, neste intre, o botón Apply changes.
20
RAID0.
Unha vez pulsado o botón hai que esperar uns segundos, incluso cambiar de pantalla e volver a esta.
O importante é non facer nada mais ata que o apartado Status teña o valor up.
Fixarse que, como é sabido, no RAID0 as capacidades
dos discos duros súmanse; iso si, o volume así creado
non ofrece seguridade ningunha ós datos gardados, só
ofrece maior velocidade de lectura e escritura.
21
RAID0.
O seguinte paso é formatear o RAID para poder gardar arquivos nel. Para esta operación só
hai que pulsar no botón Format UFS disk! do apartado Format RAID.
O nome do volume hai que poñelo “a man”
22
RAID0.
Agora o volume RAID0 xa está perfectamente formateado.
23
RAID0.
O seguinte é montalo, para o que accederemos ó apartado Disks – Mount Point.
Logo pulsa no botón +.
24
RAID0.
Para montar o volume nos piden os seguintes datos...
Disco ou volume a montar
Partición dentro dese disco ou volume
Sistema de arquivos
Nome que lle damos se o queremos compartir
Descrición
Unha vez cuberto todo pulsa no botón Save
25
RAID0.
Para rematar a montaxe do volume só hai que pulsar no botón Apply chages.
26
RAID0.
Debemos esperar a que o apartado Status teña o valor OK. Unha vez adopte ese estado hai que
compartir o volume para poder acceder a el dende a rede...
27
RAID0.
O modo de acceso ó volume será por CIFS, polo que teremos que acceder ó apartado
Services – CIFS. Logo só hai que cubrir o seguinte formulario...
Modo de autenticación
Nome NetBIOS do equipo Freenas
Nome do grupo de traballo
Os demais non fai falla modificalos...
28
RAID0.
Accedendo dende calquer equipo da rede poderanse escribir e ler arquivos
poñendo a dirección \\Raider\raid0
Recordade que se trata dun volume RAID0, polo que a avaría dun disco duro
fará que non se poida acceder ó volume, nin para ler nin para escribir nel.
Un volume RAID0 é moi rápido pero moi perigoso. Se gardamos nel datos
importantes hai que facer, continuamente, copias de seguridade.
29
RAID1.
Se queremos crear un volume seguro con dous discos duros, debemos crear un RAID1.
A creación dun RAID1 con Freenas ten os mesmos pasos que a creación do RAID0 antes creado,
vexámolo paso a paso dende o punto onde se comeza a crear o RAID.
Antes deste punto hai que seleccionar os discos
duros a empregar no RAID e formatealos có sistema
de arquivos RAID Geom vinum.
30
RAID1.
Se estamos de acordo no anterior debemos pulsar, neste intre, o botón Apply changes.
31
RAID1.
Unha vez pulsado o botón hai que esperar uns segundos, incluso cambiar de pantalla e volver a esta.
O importante é non facer nada mais ata que o apartado Status teña o valor up.
Fixarse que, como é sabido, no RAID1 o que se fai é un
espello dos dous discos duros. Como cada disco ten
unha capacidade de 1023 MB, o volume tamén terá unha
capacidade deste mesmo valor. Se un disco se avaría
sempre nos quedará o outro.
32
RAID1.
O seguinte paso é formatear o RAID para poder gardar arquivos nel. Para esta operación só
hai que pulsar no botón Format UFS disk! do apartado Format RAID.
O nome do volume hai que poñelo “a man”
33
RAID1.
Agora o volume RAID0 xa está perfectamente formateado.
34
RAID1.
O seguinte é montalo, para o que accederemos ó apartado Disks – Mount Point.
Logo pulsa no botón +.
35
RAID1.
Para montar o volume nos piden os seguintes datos...
Disco ou volume a montar
Partición dentro dese disco ou volume
Sistema de arquivos
Nome que lle damos se o queremos compartir
Descrición
Unha vez cuberto todo pulsa no botón Save
36
RAID1.
Para rematar a montaxe do volume só hai que pulsar no botón Apply chages.
37
RAID1.
Debemos esperar a que o apartado Status teña o valor OK. Unha vez adopte ese estado hai que
compartir o volume para poder acceder a el dende a rede...
38
RAID1.
O modo de acceso ó volume será por CIFS, polo que teremos que acceder ó apartado
Services – CIFS. Logo só hai que cubrir o seguinte formulario...
Modo de autenticación
Nome NetBIOS do equipo Freenas
Nome do grupo de traballo
Os demais non fai falla modificalos...
39
RAID1.
Accedendo dende calquer equipo da rede poderanse escribir e ler arquivos
poñendo a dirección \\Raider\raid1
Recordade que se trata dun volume RAID1, polo que aínda que se avaríe un
disco duro poderase acceder ó volume para ler ou escribir nel.
Un volume RAID1 é igual de rápido cun único disco á hora de escribir nel pero
máis rápido cun único disco duro á hora de ler (vanse lendo datos dos dous
discos).
40
RAID1.
Imos probar que o RAID1 ¡¡funciona!!. Debemos apagar a máquina virtual e “desconectar” un dos
discos duros virtuais. Logo iníciase normalmente o equipo Freenas. Accedendo vía web á sección
Status – Disks debemos observar algo parecido a isto...
Disco ad1 conectado
Disco ad3 desconectado
O RAID1 segue funcionando
41
RAID1.
Para comprobar que o RAID1 segue funcionando ben, accédese a el por rede (\\raider\raid1) e
escríbese nel...
Recordade que ter un RAID1 non fai que debamos esquecer facer copias de
seguridade dos datos (os dous discos duros están no mesmo equipo, así que,
un desastre como un incendio ou unha inundación fará que os dous discos se
avaríen e perdamos todos os datos).
O que non fai Freenas é restaurar un RAID1 que perdeu un disco. É dicir se
neste intre conectamos un disco duro novo, baleiro, do mesmo tamaño que o
avariado, o sistema non restaurará o espello; simplemente, non fará nada.
Así e todo, tal e como vimos, os datos non están perdidos. O xeito de actuar
podería ser o seguinte: primeiramente accedemos ó equipo por rede, logo
facemos unha copia de seguridade dos datos, engadimos ó equipo un novo
disco duro e có outro, aínda en bo estado, creamos un novo RAID1 no que
volveremos a copiar os datos antes gardados no backup.
42
Mais traballo con Freenas....
Algunha das actividades que quedarían por facer con Freenas:
1.
Crear un volume RAID5 e comprobar a seguridade de avaría dun disco duro.
2.
Comprobar á autenticación dos usuarios por Active Directory.
3.
Comprobar ó acceso ós volumes creados por FTP, NFS, SSHD, ...
4.
...
43