Castiñeiro castañeiro (Castanea sativa) castaño chestnut châtaignier castanheiro CLASE Anxiospermas ORDE Fagales FAMILIA Fagáceas Copa cónica nos exemplares novos e esférica nos máis vellos que pode acadar os 30 m de altura. É unha árbore.

Download Report

Transcript Castiñeiro castañeiro (Castanea sativa) castaño chestnut châtaignier castanheiro CLASE Anxiospermas ORDE Fagales FAMILIA Fagáceas Copa cónica nos exemplares novos e esférica nos máis vellos que pode acadar os 30 m de altura. É unha árbore.

Castiñeiro
castañeiro
(Castanea sativa)
castaño
chestnut
châtaignier
castanheiro
CLASE
Anxiospermas
ORDE
Fagales
FAMILIA
Fagáceas
Copa cónica nos exemplares novos e esférica nos
máis vellos que pode acadar os 30 m de altura.
É unha árbore orixinaria de Asia Menor que se
difundiu por Galiza desde tempos moi antigos e,
en especial en tempos dos romanos.
O toro é robusto coas
ponlas fortes e case
horizontais. A tona é gris
lisa nos novos, e logo vaise
gretando e escurecendo.
Castiñeiro co toro
modificado polas podas.
FOLLAS
Simples, alternas, en forma de
lanza coa beira dentada (15 x 5
cm), de cor verde brillante polo
dereito e cubertas de pelo moi
fino polo revés, cos nervos moi
marcados. O peciolo é
cilíndrico e curto (1-2 cm).
FLORES
Son unisexuais e aparecen en amentos
longos (25 a 32 cm ) ocupados
maiormente por flores masculinas de cor
amarela, formados por masas de estames
libres. Algúns amentos levan na base as
flores femininas, formadas por varios
ovarios agrupados no interior dunha
cuberta espiñenta de cor verde.
Florece de maio a xuño.
Polinízase polo vento.
FROITOS
Aquenios (castañas). Desenvólvense
no interior dunha cúpula espiñenta
(ourizo) que se abre cando madura,
entre setembro e novembro, para
deixalas libres.
CICLO ANUAL-CASTIÑEIRO
Folla
Flor
Froito
xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro
Os soutos son os bosques de castiñeiros e na
actualidade ocupan en Galicia arredor de 30.000 ha,
sobre todo nas provincia de Ourense e Lugo, a maioría
de plantación.
Os castiñeiros bravos atópanse mesturados con outras
especies en moitos bosques naturais por todo o territorio
galego.
Os soutos diminuíron polo mal da tinta, producido por un
fungo (Phitophtora cinnamoni) que afectou gravemente
aos castiñeiros. Na actualidade estanse a introducir
variedades híbridas resistentes.
A castaña recóllese no outono, entre
setembro e novembro, segundo a variedade.
Primeiro recóllense as que caen de xeito
natural e logo varéase o castiñeiro para tirar
os ourizos.
USOS
A madeira é moi apreciada en
ebanistería por que é dura, ten un
bo acabado e resiste ben a couza
e a rela.
As ponlas novas fendidas úsanse
para facer cestos.
As castañas como alimento de
persoas e animais.
Os soutos son ademais bos
produtores de cogomelos
(boletus, rúsulas, cantarelos...).
Na actualidade Galicia produce, cada ano,
máis de 8.000 toneladas de castañas, un
60% da que se comercializa en España.
A castaña foi un elemento
importante da alimentación das
persoas e os animais de Galicia
ata que se extenderon o cultivo
da pataca e o millo. Botábanse
no caldo, cocíanse con auga ou
con leite, asábanse, facíase puré,
conservábanse secas...
A amplia extensión do cultivo deu
lugar á aparición de moitas
variedades (hai 143 rexistradas)
que se distinguen pola época de
maduración, o tamaño, o sabor, a
facilidade para desprenderse da
tona...
Os produtores véndenas en verde,
pero hai empresas que as preparan,
envasan e conservan de diferentes
maneiras: conxeladas, confitadas
(marrón glacé, en almibre), secas,
moídas (fariñas para repostería).
Tamén se fan licores.
Nas zonas onde está moi
extendido o cultivo da
castaña existen aparellos e
instalacións específicos
relacionados co seu
aproveitamento: ouriceiras,
onde se amorean os ourizos
para que abran; e sequeiros,
onde se secan, para que se
conserven e se desprendan
da tona.
Ouriceira na Fonsagrada.
Sequeiro en San Estevo
de Ribas de Sil.
Castiñeiros de Quintela de Catasós. (Lalín-Pontevedra). Posiblemene
plantados a mediados do século XIX. Miden entre 33 e 35 m de altura.
Declarados únicos pola FAO en 1954 por ter o fuste máis alto de
Europa e actualmente están declarados Monumento Natural.
Castiñeiro de Pumbariños, no Souto de Rozabales en Manzaneda (Ourense).
É o de maior perímetro de Galicia, con máis de 12 m, e supera os 500 anos.
Foi declarado Monumento natural no 1995.
Castiñeiro da Regadiña. Mendoia. (Pobra de Trives-Ourense). O toro ten un gran oco e
a copa está moi mermada. Supera os 500 anos e ten 11 m de perímetro.
Castiñeiro de Cerdedelo.
(Laza-Ourense)
Castiñeiro da Capela.
Baamonde (Begonte-Lugo).
Situado no adro da igrexa
parroquial de Baamonde, no
seu interior ten unha talla da
Virxe do Rosario. O especial
cariño que lle tiña a xente do
lugar e o traballo que fixo nel o
escultor Victor Corral,
impediron que fose cortado
cando se ampliau a estrada.
REFRÁNS:
-O que non sabe mañas non come castañas.
-A castaña no agosto quer beber e no
setembro comer.
-A castaña no Nadal sabe ben e parte mal.
-A castaña e o besugo en febreiro non ten
zugo.
-Temperá é a castaña que por setembre
regaña.
-Non quero peral, quero castañeiro, para
ter castañas para o ano enteiro.
CANTIGAS
Indo polo souto abaixo
atopei un ouriciño,
tres castañiñas me deu
para ti meu queridiño.
Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto,
Non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ao chamosco.
A castaña no ourizo
eu ben sei o que che fai;
se é que stá verde, amadura,
e despois de madura cai.
Santo que estás no canizo
bota castañas abaixo,
que anque non teño mantelo,
apáñochas no refaixo.
TRADICIÓNS:
O magosto é unha festa que se celebra en
novembro de longa tradición en Ourense.
Ten unha orixe moi antiga relacionada co
ciclo das colleitas.
Ásanse e cómense as castañas xógase e
cántase.
Hai a crenza de que despois da festa as
ánimas van quentarse ás brasas das
fogueiras e hai que deixarlles algunhas
castañas para elas.
Aparellos para asar castañas
asadeiros das castañas
(Museo de Vilar-O Courel)
Bandoxo das castañas
ESCOLMA LITERARIA
VEO o tempo morno do Outono
Os días son tardes longas
O aire é unha cousa...
Todo ten ise xeito:
os tesos
os camiños que se van
no serán do val
os soutos
alumados d’ouro
eu quedo ollando ó mofo...
Uxío Novoneyra (OS EIDOS)
MONTAXE: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro
Mon Daporta
Internet