Diapositiva 1

Download Report

Transcript Diapositiva 1

Slide 1

Outras
cousas
das cousas


Slide 2

Aquí están metidas aquelas outras
adiviñas que teñen difícil acomodo dentro
de calquera outro dos grupos que fun
armando


Slide 3

Nin é duro nin é rexo,
está feito de papel,
pero os segredos máis grandes
son gardados dentro del.


Slide 4


Slide 5

Hai quen soña poder tela,
quen non a pode mercar;
hai quen vai con ela ao lombo
e quen a tira pola ventá.
De que cousa é, meus amigos,
da que estou a falar?


Slide 6


Slide 7

É misterio que divirte.
É pasatempo entretido.
É xogo para acertar.
Se o adiviñas… xa non cho digo!


Slide 8


Slide 9

Tapa a virtude e o defecto.
Agocha a alegría e a tristeza.
É cara e máis non o é.
Quen será esta boa peza?


Slide 10


Slide 11

Cobren os ollos e “abren” os ollos.
Gardan os ollos e axudan aos ollos.


Slide 12


Slide 13

Abre e pecha camiños
metido entre dentes de fera.
Vai e ven e ven e vai
sen sufrir dano nin pena.
Quen será este valente?
Unha cousa ben pequena.


Slide 14


Slide 15

Sen moverse do seu sitio…
mira ti que cousas fan:
pódense encher,
pódense botar,
pódese comer con eles…
e ata se poden clavar.


Slide 16


Slide 17

Ti mira ben o que dis.
Ten bo ollo para acertar.
Podes andar cun cento deles
aínda que só tes un par.


Slide 18


Slide 19

Hainos para embutir,
hainos para atravesar,
hainos para ver
e hainos para mirar.


Slide 20

ollo para embutir
ollos para ver

ollo para atravesar
ollo para mirar


Slide 21

Estes dous dos que vos falo
teñen os ollos para dentro
e cando se xunta un co outro
ponse calquera contento.


Slide 22

pan con ollos

queixo con ollos

bocadillo de queixo


Slide 23

Sempre a correr,
nunca está parado…
Bate nas pedras,
fura nos atrancos.
Bótase da altura,
partindo en mil anacos…
e segue o seu camiño
sen sofrir ningún dano.


Slide 24


Slide 25

Quen será este corredor
que ao tirarse desde os altos,
parte en centos de anacos
e segue sen ningún dano.


Slide 26


Slide 27

Cada semana unha cara
e repíteas cada mes.
Minte cada vez que fala.
Sabes ti quen pode ser?


Slide 28

crecente

chea

nova

minguante


Slide 29

Tanto bebe tanto chora,
e desde o intre de nacer
nin se cansa de chorar
nin se afarta de beber.


Slide 30


Slide 31

Desconfío, desconfío,
e sego a desconfiar.
Como é que o que dana e o que repara
igual se veñen a chamar.


Slide 32

FÍO de corte
e
FÍO de costura


Slide 33

Anda co vento
e labra e non fai regos.


Slide 34


Slide 35

Labra en campos de auga
e non é labrador,
e sen sementar, colleita.
Quen será este señor?


Slide 36


Slide 37

Redondiño, redondón,
mállanno a couces
e non se arrepón.


Slide 38


Slide 39

Sube e baixa,
sube e baixa,
dúas veces ao día
e non descansa.


Slide 40


Slide 41

Arredor do mundo
anda a revoar
coas pallas no bico
buscando un niñal.
Uns fanna fuxir,
outros queren detela,
algúns non a queren,
moitos loitan por ela.


Slide 42


Slide 43

Un pano branco,
que cando se mancha,
pode meter o mundo
na túa casa


Slide 44


Slide 45

Unha caixa barulleira
que trai o mundo á túa mesa.


Slide 46


Slide 47

Un alto e un baixo
e un gordo e un flaco.
Dime ti se o sabes,
Son dous, tres ou catro?


Slide 48

Son 2

Un alto e delgado
e un baixo e gordo

Un alto e gordo
e un baixo e delgado


Slide 49

Son 3

Un alto e delgado,
un gordo e un baixo

Un alto e gordo,
un delgado e un baixo


Slide 50

Son 4

Un alto, un gordo,
un delgado e un baixo


Slide 51

Adiviña adiviñador,
como é que pode ser
que xuntando dúas con catro
o resultado sexa tres.


Slide 52

2

+

4

=

3


Slide 53

Unha e máis unha
e unha e máis outra.
Son tres ou son catro?
Bota ti a conta.


Slide 54

1 + 1
unha e máis unha

1 + 1
unha e máis outra


Slide 55

Explíquemo vostede
se é que acaso pode,
a doce quítolle unha,
volteo o resto, e só quedan nove.


Slide 56

XII IX
A XII, quítaselle I e quedan XI, pero se lle damos a volta faise IX.


Slide 57

A ver se o sabes ti,
que eu con esto non me aclaro.
Que cinco con tres sexan oito
e tres con cinco menos de catro.


Slide 58

5

+

con

3
3+5=8 e 3,5

3,5
con


Slide 59

Ten doce fillos solteiros,
cincuenta e dúas netas sen nai
e máis de trescentos bisnetos
que miden todos igual.


Slide 60

12 meses, 52 semanas e, o 2012, 366 días.


Slide 61

Un tren moi particular
feito con doce vagóns
e, sen parar nunca nelas,
pasa por catro estacións.


Slide 62


Slide 63

Vívese en luces,
mídese en voltas,
gáñase con esforzo
e pérdese de calquera forma.


Slide 64

vívese de día (cando hai luz)

mídese en voltas


Slide 65

Mídese en voltas
e pérdese dando voltas.


Slide 66

O tempo


Slide 67

Antes fun semente,
logo fariña e auga
e agora son pel morena,
rechea de tripa blanca.


Slide 68

O PAN


Slide 69

Son cousa ben coñecida
que se usa en todas partes,
aos poucos para dar “gracia”
e ás moreas como conservante.


Slide 70

O SAL


Slide 71

Pode ser propia ou allea,
tomada do natural,
feita por un, adquirida,
e real ou virtual.


Slide 72

tomando unha imaxe

facendo unha imaxe

IMAXE NON
DISPOÑIBLE
imaxe real


Slide 73

Hainos con moita, con pouca,
con ela dura, mala e boa.
Sen que para eso importe
a forma do nariz, os ollos ou a boca.


Slide 74

cara de malo

mala cara

cara según para que

cara de bo

boa cara


Slide 75

…e ata aquí cheguei.
As imaxes son collidas da internet. Agradézolle aos autores a súa
dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta