Uxío Novoneyra Poemas da natureza O TEMPO REBOLEGAN as cereixas Su a Rubial. Corre o vento na erba de gadañar. Canta a cousa que.

Download Report

Transcript Uxío Novoneyra Poemas da natureza O TEMPO REBOLEGAN as cereixas Su a Rubial. Corre o vento na erba de gadañar. Canta a cousa que.

Slide 1

Uxío Novoneyra
Poemas da natureza
O TEMPO


Slide 2

REBOLEGAN as cereixas Su a Rubial.
Corre o vento na erba de gadañar.
Canta a cousa que non canta
canta a chicharra na erba
canta a erba na gadaña.
/
ABANICA a labrandeira no beirón da presa.
A auga non pasa. Corre brilla espella.
/
CHAMA a sombra.
Xa non se óin os chíos
dos paxariños
tan d’acotío sonan.


Slide 3

O centeo correndo ó vento
i eu quedo n’eso que un non nembra
nin esquece
de tan lene e fondo que chega.


Slide 4

ESTÁ o aire enfexo
n’algo que eu non vexo.
Os paxaros os prados
os eidos calados...

ENFEXO: entregado por completo.


Slide 5

VEO o tempo morno do Outono
Os días son tardes longas
O aire é unha cousa...
Todo ten ise xeito:
os tesos
os camiños que se van
no serán do val
os soutos
alumados d’ouro
eu quedo
ollando ó mofo...


Slide 6

SOUTO sin folla! Cerdeiras
roxas e bidueiras marelas!
/
DÍAS breves en que ún está sempre nunha cousa!
As bouzas verdes fóronse pondo marelas e roxas
as bouzas roxas pardecen cas choivas.
O vento solo
no souto do outo outono.


Slide 7

PASA o sol lene
sobor do souto quedo que afonda
na morte longa
como se il non fora
o Pai Sol. Recenden
as derradeiras froitas refeitas.
Calan as aves que quedan.
Na tarde
todo quere ser o aire...
Cain as follas dando voltas
e fican todas ó pe da árbore.


Slide 8

CEMBAS d’arandeiras!
Argana da Pena Branca
baixo das matas d’abraira
entr’as pestanas da pena!
Ven dos castiñeiros

un ventiño pequeno
abalala...


Slide 9

INORDE a fatos pra León

nebras de verlo de ovella
cardiadas brancas e mestas.
Ollándoas altas traspor
riba das taras marelas
ún soña nas lonxes terras...
NEBRAS DE VERLO DE OVELLA: nubes en
forma de guedellas de ovella. Cirrocúmulos.


Slide 10

O ruxir do carrozo
o ceo do fondo do pozo.
Todo sabe e deixa ver
que vai chover.
Eu sein o que oio
no souto soio
e non sein
o que sein.


Slide 11

CHOVE pra que eu soñe...


Slide 12

CHOVE
non sein desd’onde nin pra onde...
No quedo da tarde
ollo longo nembrando choivas d’antes.


Slide 13

BARBAÑA barbaña...
Qué noite de lobos!
Oulan os cais nas airas.
Anda a nebra baixa
polos caborcos do souto
e polas bouzas da braña.


Slide 14

BARBAÑA: chovisca, chuvia miúda.


Slide 15

CHOVE nas veigas sin que se oia.
Unha tras outra
cain as follas dando voltas.
Ollando a serra calada
ún agarda
unha cousa queda e lonxana.


Slide 16

CHOVE xunto e miudo...
Como siga unhos días iste tempo
vai dar gusto
ver cubertas de mofo as penas
as paredes vellas
as ourelas dos ríos
i as presas
as estoldas dos muíños
os teitos
os castiñeiros xa sin folla
i as árbores todas.


Slide 17

NACEN as tollemerendas
polos campazos i os chaos
na Cemba da Remesqueda
no Souto de San Romao.
Cai a choiva que dá sono
no quedo serán dos prados
i eu cravo enviso os meus ollos
sin ver o que estoun ollando...


Slide 18

ESTO sí é chover e ventare!
Que noite pra mariñeiros e camiñantes!
Metidiño na camiña
tapadiño hastr’as orellas
sinto zapicar as beiras
entr’o vento que axubría...


Slide 19

BEIRAS: auga que cae dos
beirados das cubertas.


Slide 20

“Chove
na casa do probe”
CHOVE no monte e nas viñas
Envolca a auga en regueiras
e ailí onde cain as beiras
baila muiñeiras miudiñas...


Slide 21

1

CAI a chuvia soñando
cai o espacio engaiolado.
2

CHOVE
e sólo o quedo se move.
Enviso n’algo que non deixo
teño su beirado
da cabana o xeito calado
do val na follata de freixo
o rebolo i as herbas cargadas
de pingoadas.


Slide 22

CHOVE pausiño pras sombras
chove pra baixo e pra riba.
O aire do sono en sono
a auga pinga que pinga...
Ven a noite polos eidos...
Vaise a tarde que nin xeme
decindo adeus con un xeito
que non sein nin se me esquece.


Slide 23

CHOVE maina e calada.
Veinse os fíus da auga
contra as bandas das penas...
En soutos e devesas
as pingoadas esbaran e baixan
petando de folla en folla.
Por veces
co vento a ruxidoira
medra i esvece
en ondas que ún alonga...


Slide 24

PINGOADAS: pingas de auga.


Slide 25

LOAIRAS de sol!
ventaladas d’aire
e razadas d’auga!
/
DENDE nino pequeno
voun ver sempre o ríu que ameteu
que me fai ise aceno
que sein eu.

LOAIRAS: lampos errantes de sol ou lúa,
con vento e nubes espalladas.


Slide 26

RAZADAS: golpes de vento, choiva ou sol.


Slide 27

TRONOU ventou e choveo.
Bicouse a terra co ceo.
A noite que onte caiu
sólo foi pra quen a oíu.
Ameteu o río ameteron as fontes
i os fontegallos dos montes.
Naz a auga a goforón.
Regan os prados a cachón.
Dinde nino pequeno
vou ver sempre o río que ameteu
que me fai ise aceno
que sein eu.


Slide 28

AMETEU: medrou de caudal.


Slide 29

OLLO o ceo mouro cun medo antergo.
Torna a abella ó trobo
a anduriña cingue o voo.
Van a nebras do trono nun son agoreiro.


Slide 30

ANDA o vento ceibe polos eidos
con tódalas áas soltas
brúa nos castiñeiros
ripa as lousas dos teitos
i escachafoula nas portas.

ESCACHAFOULA: fai un gran ruído.


Slide 31

TARAS altas campas
onde o sol non pasa
esvece na hora alta!
/
MONTES do Leste
ó sol que esvece!
Mofo que eu ollo
no souto solo
cando ún quere
a cousa máis lene!
SOL QUE ESVECE: que
esvaece, desaparece.


Slide 32

QUE é a coor do ucedo?
(Van os tesos pro Inverno).
É a serra que ó ceo se enleva?
É o ceo que baixa?
É a nebra
ou a brétema da ollada?
Non sein qué agarda a terra
qué agarda a alma.
Eu ben sein que é certa a seguranza.
Eu non sein se é certa a seguranza.

Mais
eilí onde o ollar vai e ven un xeito
hai algo certo.
Ben o soupo de nino o ollar pirmeiro.
E inda ha volver teimar a teima.
Por onde me veo esta certeza
heina volver perder e volver éla.


Slide 33

NEBRAS
LONGAS altas fiañas
nin quedas nin pasan
tirando das cousas non contadas
que así me paran...

NEBRA: néboa: nubes baixas (estratos)

BRÉTEMA: néboa lixeira


Slide 34

ZOA o vento e relumbra polas uces.
Sai o sol e súmese nas nebras.
Polos montes baixan e ruben
sombras longas esgadas e negras...
/
PASAN as nebras porriba da braña
e polo monte o sol a manchasEu debruzado na presa
enviso nela.
Pasan as nebras por baixo da auga...


Slide 35

PASAN pasan as nebras...
Eu sinto que me deixan e me levan..
...............................
Esta door que agarda só que a acendan!
Ise algo meu que en todo se me queda!


Slide 36

AGROS restrellas bouzas taros das penas
ucedos da serra pecha
cando pasan as nebras i o inverno negrea!
/
EU i o meu silencio volto pros tesos mouros no día nubro
ouvindo sólo os corvos i o vento do Inverno no souto núo.


Slide 37

PANOS brancos
esfiañados

da nebra
ouveando polos vales
polos soutos
i as devesas marelas
en busca dun cavorco
ou dunha valiña outa
que os acolla
i os faga acougar!

Fiañas de nebra
rubindo
e baixando
á gaiola do aire
polas serras érmedas
e polos soutos despidos
do Nadal!


Slide 38

FOLLA presa das rebolas!
Inverno das bouzas!
/
SOUTO dos corvos!
Pestanas d’argana!
Garolos do mofo!
Tearaña das canas!
/
UCEDO pecho!
Sombra dos tesos
ó sol do Inverno!


Slide 39

O ceo
o ucedo
os penedos
co cello do Inverno.


Slide 40

MAÑÁNS de xeada!
Espertar co día á ventan
encollerse na cama
achegar a roupa á cara
i ouvir andar tropeando pola casa.
Canta a vaca
cas astas na escada.
Canta o galo
pandeando o corpo i o canto.


Slide 41

XEA
Fai un frío que queima.
Pouco a pouco
érguese a terra en trempos.
O tourón os trousos os carambelos!
Cruza un lobo....
Roxe a folla nos carreiros
aló no fondo dos cousos.


Slide 42

TREMPOS: bloques de terra, neve ou auga xeados.
Bloques soltos de lazo.


Slide 43

TOURÓN: chan endurecido polas grandes xeadas.


Slide 44

TROUSOS: neveiros, pilas de neve.
Restos de neve que quedan nos tesos.


Slide 45

CARAMBELOS: CARAMBOS, auga conxelada
penduradas das beiras das pedras e cubertas.


Slide 46

AUGA XEADA no camiño.


Slide 47

TERRAS abesedas do Val d’Asnela i Os Pradairos
por Fonte Preta arriba! Pasa o sol por elas
escazurrado
ouveando polas penas...
Terras do laz dend’o outo Nadal ó Entroido!
Os trousos polas ladeiras i os carambelos nos teitos.
Terras xabreiras de Parada e Sant’Eufemia!
Xeadas brancas e negras!
Castiñeiros do Estreito!
Prados da Veiga do Couso!
Hortigois charouveas meldrascos cardios i acedas!


Slide 48

LAZ: lama con xeo.


Slide 49

XABREIRO: terreo frío e pouco soleado.


Slide 50

carambelos


Slide 51

PENAS da Garamela
que eu ollo da cama
nas mañáns caladas
cando a raia do sol chega
ó Penedo Furado
e derrétese o pano
dos cristales xeados!


Slide 52

NEVA no bico do cume
neva xa pola ladeira
neva no teito e na eira.
..................
..................
..................
Eu a ollar pro lume
i o lume a ollarme.
O lume sin queimarme
fai de min fume.


Slide 53

PACEN as vacas
na nabarega.
Treme a pequena
que vai co’elas.
Febreiro chove
febreiro xea
febreiro neva
neve lixeira...


Slide 54

DOBRAN as campás da neve.
A alma de seu gardada
tornouse inda máis calada
e nin pode nin se astreve.
Falopiña a falopiña
vai branquexando a cortiña.
Cada miniña seu sono
cada copo sua flairiña.


Slide 55

FALOPIÑA: folerpa, farrapo de neve.


Slide 56

NEVA
e non leva
Todo o tempo a unha hora.
.......................
Cai a neve polvoriña
cai a neve a plomo
como nun ámeto pechado
cai a neve fora...
.......................


Slide 57

QUEDO nevaba.
Tra-la fiestra
deixei cair os brazos.
O espacio alumouse
e xa non cai a neve
cai o espacio...


Slide 58


Slide 59

NORDE último
das campanas da neve!
Frol do fumo!
Frol de silencio ceibe!


Slide 60

ESTRELAMPADA de maio
romaxe d’avelaíñas!
Embarrosada d’orvallo
flaira d’abraira á pinga!
Corpiño de bidueira
delgada e ben seguida
que ten pro vento maneiras
ollos de auga movida!

ESTRELAMPAR: escampar.


Slide 61

ORVALLO: rosada, chuvia fina.


Slide 62

FOTOS
Adela Leiro, Mon Daporta
TEXTOS
Uxío Novoneyra
(Os eidos, Poemas de doada certeza)
Marzo de 2010