Novoneyra. A Natureza

Download Report

Transcript Novoneyra. A Natureza

Slide 1

Poemas da natureza
O Courel


Slide 2

primavera


Slide 3

PRADOS de Fontenla
qué erbiña vos cobre
máis marela
qué primavera máis pobre!
Zumega que zumega
zumega a fonte do monte
na bouza cega...


Slide 4

1
CAI a chuvia soñando
cai o espacio engaiolado.
2
CHOVE
e sólo o quedo se move.
Enviso n’algo que non deixo
teño su beirado
da cabana o xeito calado
do val na follata de freixo
o rebolo i as herbas cargadas
de pingoadas.


Slide 5

ANDA o vento ceibe polos eidos
con tódalas áas soltas
empreña os castiñeiros
ripa as lousas dos teitos
i escachafoula nas portas...


Slide 6

PRIMACHORROS brancos
panqueixo e amarguexos!
Argana polos barrancos!
Folla podre nos reprexos!
.....


Slide 7

ESTRELAMPADA de maio
romaxe d’avelaíñas!
Embarrosada d’orvallo
flaira d’abraira á pinga!
…..


Slide 8

FRORES de maio
nevando dos mazairos
pra que ún quede inda máis quedo
que ollándovos no alto!
…..


Slide 9

verán


Slide 10

REBOLEGAN as cereixas Su a Rubial.
Corre o vento na erba de gadañar.
Canta a cousa que non canta
canta a chicharra na erba
canta a erba na gadaña.
.....


Slide 11

UA o pombo
pro sol longo.
Arrola a rola
canta o pazpallar.
Mapoulas roxas
no ouro do pan!
/
NADA está lonxe,
Os campaíños das uces
cobren os montes
de furruxe.


Slide 12

Prados do río!
Pincheiras a cachón i a fío!
Niste pao sentado
cando viña de nino co gado
facía cintos de xunco trenzado.


Slide 13

OIR pacer as vacas no serán
no silencio da serra
some a un cuase tanto como no val
ver pasar a auga das presas.


Slide 14

ESTÁ o aire enfexo
n’algo que eu non vexo.
Os paxaros os prados
os eidos calados...


Slide 15

O centeo correndo ó vento
i eu quedo n’eso que un non nembra
nin esquece
de tan lene e fondo que chega.


Slide 16

Veo tempo craro do Vrao: as festas i os traballos
Veo a lúa das segas i a gadaña dos prados
os gavilleiros as medas i o truoupelear dos mallos.


Slide 17

outono


Slide 18

SOUTO sin folla!
Faias cerdeiras
roxas
e bidueiras marelas!


Slide 19

VEO o tempo morno do Outono
Os días son tardes longas
O aire é unha cousa...
Todo ten ise xeito:
os tesos
os camiños que se van
no serán do val
os soutos
alumados d’ouro
eu quedo
ollando ó mofo...


Slide 20

CAIN as follas...
Sinto unha cousa
que se apousa en min e no me toca...


Slide 21

SOUTO sin folla! Cerdeiras
roxas e bidueiras marelas!
/
DÍAS breves en que ún está sempre nunha cousa!
As bouzas verdes fóronse pondo marelas e roxas
as bouzas roxas pardecen cas choivas.
O vento solo
no souto do outo outono.


Slide 22

PASA o sol lene
sobor do souto quedo que afonda
na morte longa
como se il non fora
o Pai Sol. Recenden
as derradeiras froitas refeitas.
Calan as aves que quedan.
Na tarde
todo quere ser o aire...
Cain as follas dando voltas
e fican todas ó pe da árbore.


Slide 23

NACEN as tollemerendas
polos campazos i os chaos
na Cemba da Remesqueda
no Souto de San Romao.
.....


Slide 24

CHOVE xunto e miudo...
Como siga unhos días iste tempo
vai dar gusto
ver cubertas de mofo as penas
as paredes vellas
as ourelas dos ríos
i as presas
as estoldas dos muíños
os teitos
os castiñeiros xa sin folla
i as árbores todas.


Slide 25

ISTE mofo das pedras tan vello e tan miudiño
é o silencio baixiño que lles vai saíndo en frebas
e que se queda á pe delas pra que non podan sentilo.
Mofo lento das pedras
polas aurelas das presas e polas beiras do río!


Slide 26

inverno


Slide 27

QUE é a coor do ucedo?
(Van os tesos pro Inverno).
É a serra que ó ceo se enleva?
É o ceo que baixa?
É a nebra
ou a brétema da ollada?
Non sein qué agarda a terra
qué agarda a alma.
.....


Slide 28

PANOS brancos
esfiañados
da nebra
ouveando polos vales
polos soutos
i as devesas marelas
en busca dun cavorco
ou dunha valiña outa
que os
acolla
i os faga acougar!
Fiañas de nebra
rubindo
e baixando
á gaiola do aire
polas serras érmedas
e polos soutos despidos
do Nadal!


Slide 29

XEA
Fai un frío que queima.
Pouco a pouco
érguese a terra en trempos.
O tourón os trousos os carambelos!
Cruza un lobo....
Roxe a folla nos carreiros
aló no fondo dos cousos.


Slide 30

EI vein os cordeiros fiar os cordallos!
Acabáronse os traballos.
Viñeron as neves. Veo a chuvia i o vento
pra quen non pode estar drento.
Eu no meu
cada un no seu
teña pan teña leña
teña erba pros bois
e despois
veña o que veña:
É o prego
do labrego.
Cebalos cochos matalos
salalos i afumalos.
Ir derretendo na grasa...
Ir achegando na brasa...
Sempre hai que facer na casa


Slide 31

PACEN as vacas
na nabarega.
Treme a pequena
que vai co’elas.
Febreiro chove
febreiro xea
febreiro neva
neve lixeira...


Slide 32

NEVA no bico do cume
neva xa pola ladeira
neva no teito e na eira.
..................


Slide 33

TERRAS abesedas do Val d’Asnela i Os Pradairos
por Fonte Preta arriba! Pasa o sol por elas
escazurrado
ouveando polas penas...
Terras do laz dend’o outo Nadal ó Entroido!
Os trousos polas ladeiras i os carambelos nos teitos.
Terras xabreiras de Parada e Sant’Eufemia!
Xeadas brancas e negras!
.....


Slide 34

FOLLA presa das rebolas!
Inverno das bouzas!
/
SOUTO dos corvos!
Pestanas d’argana!
Garolos do mofo!
Tearaña das canas!
/
UCEDO pecho!
Sombra dos tesos
ó sol do Inverno!


Slide 35

PENAS da Garamela
que eu ollo da cama
nas mañáns caladas
cando a raia do sol chega
ó Penedo Furado
e derrétese o pano
dos cristales xeados!


Slide 36

MAÑÁNS de xeada!
Espertar co día á ventan
encollerse na cama
achegar a roupa á cara
i ouvir andar tropeando pola casa.
…..


Slide 37

GRAN boi deitado
serra do sol
onde eu son
ca uz i o carpanzo!
Ucedo pecho!
Sombra dos tesos
ó sol do Inverno!


Slide 38

DOBRAN as campás da neve.
A alma de seu gardada
tornouse inda máis calada
e nin pode nin se astreve.
Falopiña a falopiña
vai branquexando a cortiña.
Cada miniña seu sono
cada copo sua flairiña.


Slide 39

A mañá limpa como o ollo do galo i eu tiña
o ar da anduriña.
O sol que locía
i eu vía
i ouvía
o canto do día.


Slide 40

NEBRAS
LONGAS altas fiañas
nin quedas nin pasan
tirando das cousas non contadas
que así me paran...


Slide 41

O ceo
o ucedo
os penedos
co cello do Inverno.


Slide 42

AGROS restrellas bouzas taros das penas
ucedos da serra pecha
cando pasan as nebras i o inverno negrea!
/
EU i o meu silencio volto pros tesos mouros no día nubro
ouvindo sólo os corvos i o vento do Inverno no souto núo.


Slide 43

QUEDO nevaba.
Tra-la fiestra
deixei cair os brazos.
O espacio alumouse
e xa non cai a neve
cai o espacio...


Slide 44

ILDARA de Romeor
fía e canta no Sumedo
á raia do albor.
Ildara de Romeor
olla e cala pro ucedo
á raia do solpor.


Slide 45

PASTORA que pásala vida
no monte soliña!
Pastora que fías e cantas
ca roca á illarga!
Pastora que cantas e fías
lá branca merina!
Pastora que fías e cantas
á tardiña baixa!
Pastora que cantas e fías
á alta seriña!


Slide 46

NOITE e souto!
Souto e chuvia!
Chuvia e noite!
Se berro iste intre
desd’e onde estoun
borro os tres nomes.


Slide 47

BARBAÑA barbaña...
Qué noite de lobos!
Oulan os cais nas airas.
Anda a nebra baixa
polos caborcos do souto
e polas bouzas da braña.


Slide 48

XUSTO no medio do Inverno
canta o seu futuro certo
o florecer dun salgueiro.
Nós dispostos a engañarnos
comparando un tempo alleo.


Slide 49

POEMAS: Uxío Novoneyra
(OS EIDOS, POEMAS DE DOADA CERTEZA)

FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta

primavera 2010