Rebolo ou cerquiño
Download
Report
Transcript Rebolo ou cerquiño
rebolo
Rebolo
Cerquiño, cerqueiro
carballo negral
(Quercus pyrenaica)
melojo, rebollo
pyrenean oak
chêne tauzin
carvalho negral
carvalho pardo das beiras
CLASE
Anxiospermas
ORDE
Fagales
FAMILIA
Fagáceas
Pode aparecer como árbore, de ata 25 m de altura ou como arbusto, que emite
moitos talos desde a raíz. A copa é ampla e oval-irregular.
É orixinario do surleste de Europa e norte de África. En Galiza atópase sobre
todo na área suroriental, en zonas máis altas e secas, e máis raramente polo
resto do territorio.
TALO
Toro dereito coa
tona gris-parda
gretada e grosa.
FOLLAS
Simples, alternas ovovabadas,
cos lóbulos moi profundos.
Miden de 8-16 cm de longo e 412 cm de ancho. Son de cor
verde-gris pola cara, e gris e
moi veludas polo revés. Nos
exemplares novos e arbustivos
permanecen nas ponlas case
todo o inverno.
FLORES
Unisexuais. As masculinas,
amarelas-verdosas, agrúpanse
en amentos delgados.
As femininas son de forma
globosa, pequenas, de cor parda
cos estigmas vermellos.
Florece de maio a xuño.
Polinízase polo vento.
Amentos de flores masculinas
FROITOS (landras)
Froitos secos (glandes), de cor
castaña e lustrosos. Miden de
1,5 a 4 cm de longo e entre 1 a
2,5 cm de ancho. Están
cubertos por unha cúpula
leñosa e aparecen, en grupos
de 2 a 4, sentadas ou sobre
rabiños curtos. Maduran en
outubro-novembro.
CICLO ANUAL-REBOLO
Folla
Flor
Froito
xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro
É frecuente atopar
sobre os rebolos
distintas formacións
producidas pola
reacción da árbore ás
postas de diferentes
insectos (bugallos ou
cocos, mazáns de
cuco...)
USOS
Madeira para ferramentas, construción, leña...
As ponlas novas fendidas en tiras úsanse para facer cestas.
As landras utilízanse como alimento para os porcos.
Os bosques de cerquiños ou rebolos chámanse reboleiras. Adoitan ir
acompañados con sobreiras, aciñeiras, érbedos e carrascas.
Praza do Campo.
(Quindous. Cervantes).
-16,9 m de altura e 4,15
m de perímetro.
INCLUÍDO NO
CATÁLOGO DE
ÁRBORES SENLLEIRAS
DE GALIZA.
Rebolos no Teso das Valiñas
(Piornedo, Cervantes)
Pazo da Pena. (Rozabales, Manzaneda).
- 26 m de altura e 4,10 m de perímetro.
INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ÁRBORES
SENLLEIRAS DE GALIZA.
A Clamadoira. (Muíños, Ourense)
Casas da carballeira (Queguas- Entrimo)
-18,60 m de altura e 4,65 m de perímetro.
INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE
ÁRBORES SENLLEIRAS DE GALIZA.
Ermida do Xurés (Lobios)
-3,53 m de perímetro.
TRADICIÓN ORAL
CRENZAS:
En algúns lugares atribúenselle ao
rebolo propiedades mediciñais. Os que
se atopan nos lindeiros dos eidos curan
a sarna ao fregarse contra eles.
ADIVIÑA:
No alto estou,
ladróns vexo vir,
da miña carapuchiña
non podo saír.
(A landra)
ESCOLMA LITERARIA
FOLLA presa das rebolas!
Inverno das bouzas!
/
SOUTO dos corvos!
Pestanas d’argana!
Garolos do mofo!
Tearaña das canas!
Uxío Novoneyra (OS EIDOS)
MONTAXE e FOTOS:
Adela Leiro, Mon Daporta
Agosto 2015