LISTA ELECTORAL ELECCIONES MUNICIPAIS 2011

Download Report

Transcript LISTA ELECTORAL ELECCIONES MUNICIPAIS 2011

Slide 1

LISTA ELECTORAL
ELECCIÓNS MUNICIPAIS
MAIO DE 2011
PARTIDO POPULAR DE SANTIAGO DE
COMPOSTELA


Slide 2

GERARDO CONDE ROA
Avogado compostelán, naceu o 28 de setembro de 1959. Iniciou os seus
primeiros pasos na política como concelleiro en Santiago na lexislatura de
1983. Nese momento formaba parte da lista de Coalición Popular co
número 6, converténdose nun dos valores máis relevantes da Corporación
Local.
Durante esa lexislatura foi voceiro do seu grupo e cando o seu partido
pasou a desempeñar labores de goberno foi tenente de alcalde.
O 18 de marzo de 1987 o Comité Electoral Provincial confírmao como
candidato á alcaldía de Santiago, obtendo nas eleccións de xuño dese
mesmo ano 10 edís. Desempeñou o posto de Director Xeral de Consumo,
e foi membro do Parlamento de Galicia polo Partido Popular na segunda
lexislatura (85-89), ademais de Conselleiro de RTVE.
Posteriormente, abandona a primeira liña da política e desenvolve o seu
traballo profesional nun prestixioso despacho de avogados en
Compostela, ata que no mes de maio do ano 2006 é nomeado candidato á
alcaldía de Santiago polo Partido Popular,.
Na actualidade e o voceiro do Grupo Popular, tras gañar as eleccións
municipais do 2007, obtendo 11 concelleiros e pasando a ser a lista máis
votada do Concello de Santiago.
Foi deputado nacional dende o ano 2008 ó 2010. É presidente do Partido
Popular de Santiago dende xullo de 2008.


Slide 3

Nº 2

PAULA PRADO DEL RÍO
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago, é
avogada e asesora xurídica de diversas entidades e Máster
en Igualdade de Oportunidades, Xénero e Educación Social.
Integrante do directorio de Mulleres Expertas do Servizo
Galego de Igualdade na área de Familia, Xénero é membro
do Comité Executivo do PP de Galicia. Naceu en Santiago no
ano 1971, e na actualidade é deputada autonómica e
concelleira.


Slide 4

Nº 3

ÁNGEL ESPADAS DÍEZ
Licenciado en Física pola Universidade de Santiago de
Compostela e Máster en Xestión Medioambiental e
Desenvolvemento Sostible pola Universidade de Valencia e
concelleiro do Grupo Municipal Popular. Membro da
Executiva Rexional do PP, é vocal do Comité Executivo Local
e secretario executivo de Administracións Públicas do PP
provincial. Veciño de San Lázaro, naceu no ano 1972.


Slide 5

Nº 4

REYES LEIS RODRÍGUEZ
Nacida en 1975. Estudou Ciencias Políticas e da
Administración na USC. Posúe un Máster en Comunicación.
Na actualidade é directora da empresa ANOVA
MULTICONSULTING e Directora e presentadora do
programa Falando de Saúde de Correo TV. Foi relacións
públicas do Hotel AC Palacio do Carme. É membro do
Comité Executivo Local do PP desde 2007. Casada e con un
fillo.


Slide 6

Nº 5

ÁNGEL CURRÁS FERNÁNDEZ
Naceu en 1954. É Doutor en Ciencias Biolóxicas e
Catedrático de Ensinanza Secundaria no Instituto Arcebispo
Xelmírez I de Santiago. Foi Profesor Asociado e de Terceiro
Ciclo da Universidade de Santiago; Director EconómicoAdministrativo do proxecto cultural “Santiago de
Compostela, Cidade Europea da Cultura do Ano 2000” de
1996 a 2000, e Director-Xerente da Fundación Pública
“Cidade da Cultura de Galicia” de 2000 a 2005


Slide 7

Nº 6

CECILIA SIERRA REY
Licenciada en Ciencias Empresariais pola Universidade de
Santiago de Compostela, dirixe o departamento de Xestión
Interna da empresa compostelán UROVESA. Asemade é
adxunta ó departamento de Relacións Públicas desta
compañía. Afiliada do PP dende o ano 1991, é membro do
Comité de Dirección dende 2003 e concelleira do Grupo
Municipal Popular encargada do seguimento da área de
Economía.


Slide 8

Nº 7

MARÍA PARDO VALDÉS
Nacida en 1968 é Licenciada en Dereito pola Universidade
Complutense de Madrid. Procuradora con despacho en
Santiago dende o ano 2004, é membro do Comité Executivo
do PP de Santiago. De familia compostelán está casada e ten
tres fillos.


Slide 9

Nº 8

AMELIA GONZÁLEZ BRANDARIZ
Xornalista de profesión, dirixiu o magazine local da cadena
COPE de Santiago de Compostela dende o ano 1985. Con
anterioridade traballou tamén en Antena 3 Radio e na Voz
de Galicia. Foi representante da demarcación territorial de
Santiago do Colexio profesional de Xornalistas de Galicia, e
na actualidade edil do Grupo Municipal Popular no Concello
de Santiago Naceu no ano 1960


Slide 10

Nº 9

ALBINO VÁZQUEZ ALDREY
Natural da parroquia de Aríns, é empresario do sector
agroalimentario e do Medio Rural, ademais de Secretario da
Federación Galega de Produtores de Gando Porcino. Afiliado
do PP dende o ano 1988, é secretario de Acción Rural do
Partido Popular de Santiago.


Slide 11

Nº 10

LUIS GARCÍA BELLO
Secretario Local de Organización do PP de Santiago. Técnico
en xestión administrativa e contable. Natural da Almáciga.
Presidente da asociación de veciños da Peregrina.
Presidente da asociación forestal AFRIFOGA. Vicepresidente
da asociación de produtores de caza de Galicia (APROCA).
Casado e ten un fillo.


Slide 12

Nº 11

JUAN DE LA FUENTE FUENTES
Natural de Vidán, naceu no ano 1954. Foi edil do Concello
de Santiago dende o ano 83 ao 91, e concelleiro de
Urbanismo e Relacións Veciñais. Tamén dirixiu a Brigada de
Vías e Obras e Parques e Xardíns.
No ano 1977 fundou a Asociación de Veciños de Vidán, da
que é presidente na actualidade. Traballa como dependente
de comercio na zona monumental.


Slide 13

Nº 12

MARÍA CASTELAO TORRES
Iniciou os seus primeiros pasos na política ós 16 anos como
militante do Partido Popular de Santiago. Presidenta das
Novas Xeracións de Santiago. De 26 anos de idade é
Licenciada en Xeografía pola Universidade de Santiago de
Compostela, na actualidade é concelleira do Grupo
Municipal Popular e desempeña o seguimento das áreas de
Medio Ambiente e Festas..


Slide 14

Nº 13

FRANCISCO JAVIER NOYA IGLESIAS
Natural da compostelán parroquia de Villestro. Foi
Presidente da asociación de veciños A Unión de Villestro.
Licenciado en Dereito pola USC, na actualidade exerce coma
avogado en Santiago de Compostela. Membro do Comité
Executivo Local desde 2007.


Slide 15

Nº 14

ADRIÁN VARELA SARANDESES
Naceu en Santiago de Compostela no ano 1984. Licenciado
en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Na
actualidade cursa o Máster en Protocolo e Relacións
Externas pola Universidade Camilo José Cela. É membro das
Novas Xeracións de Santiago de Compostela. Veciño de
Aríns.


Slide 16

Nº 15

REBECA DOMÍNGUEZ IGLESIAS
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de
Compostela, é veciña do Ensanche Compostelán. Nacida en
1983 na actualidade prepara oposicións á Administración
Autonómica. É membro de Novas Xeracións de Santiago.


Slide 17

Nº 16

JOSÉ MARÍA HERNÁNDEZ IGLESIAS

Nº 17

JOSÉ ROSENDE RICO

Nº 18

DANIEL GRELA CASTRO

Nº 19

JOSEFINA SAAVEDRA BOTANA

Nº 20

FRANCISCA GARCÍA GIL


Slide 18

Nº 21

CELSA BLANCO RODRÍGUEZ

Nº 22

ANÍBAL GARCÍA REMIS

Nº 23

JULIO ROSENDE COUTO

Nº 24

MARTA GONZÁLEZ VÁZQUEZ

Nº 25

AGUSTÍN HERNÁNDEZ FERNÁNDEZ DE ROJAS


Slide 19

SUPLENTES

S.1

JAVIER RUIZ DE CORTÁZAR

S.2

IRIA QUINTÁNS PAZOS

S.3

VÍCTOR COLLANTES BEIROA