Pps (PowerPoint) feito por Adela Leiro e Mon Daporta. Sensacional.

Download Report

Transcript Pps (PowerPoint) feito por Adela Leiro e Mon Daporta. Sensacional.

Carballo

Quercus robur

roble oak chêne carvalho

CLASE Anxiospermas ORDE Fagales FAMILIA Fagáceas

Árbore de copa alta e ancha. Pode acadar os 45 m de altura.

É a árbore autóctona máis representativa, común en toda Galicia, especialmente en alturas inferiores aos 800 m

.

O toro é moi ramificado, coa tona de cor gris ou castaña con fisuras verticais.

FOLLAS Simples, ovais e lobuladas, de 10-12 cm de lonxitude e 8 cm de anchura, de cor verde escura mate co peciolo curto.

Amentos de flores masculinas Flores femininas

FLORES Pouco aparentes. As masculinas, amarelas, agrúpanse en amentos delgados de uns 4 cm. As femininas, espidas, de forma globosa, de cor parda cos estigmas vermellos. Nacen en grupos de 2 a 4 nos agromos novos. Polinízase polo vento.

Florece de febreiro a marzo.

FROITOS As

landras

son froitos secos, miden de 3 a 4 cm de longo e entre 1,5 e 2 cm de ancho. Aparecen, en grupos de 2 a 4, sobre rabiños de 4 a 6 cm de lonxitude.

É frecuente atopar sobre os carballos distintas formacións producidas pola reacción da árbore ás postas de diferentes insectos (bugallos ou cocos, mazáns de cuco...)

USOS: Madeira dura e de boa calidade, resistente á putrefacción (mesmo na auga) para móbeis, recipientes, ferramentas e construción. As ponlas novas fendidas en tiras úsanse para facer cestas.

As landras utilízanse como alimento para os porcos.

A carballeira é o bosque típico de Galicia. Escasea na actualidade porque, ao longo do tempo, foi talado para combustible, para a construción de barcos, para facer travesas de ferrocarril e para repoboar os montes con especies de crecemento rápido

As carballeiras son lugares onde tradicionalmentes se celebran reunións, festas, feiras…

REFRÁNS: Pranta eucalitos para ti, piñeiros para os fillos e carballos para os netos.

ADIVIÑA: No alto estou, ladróns vexo vir, da miña carapuchiña non podo saír.

(A landra) TRADICIÓN ORAL CANTIGAS: Miña Virxen de Augasantas ten un carballo na porta; virxen de tantos milagros facelle dar unha volta.

O carballo da Portela ten a folla revirada, que lla revirou o vento nunha noite de xeada.

O río cando vai cheo leva carballos e follas, tamén debería levar as línguas marmuradoras.

Santa Margarida do Monteporreiro que ten o carballo maiore do Reino.

Frei Martín Sarmiento (1695-1772) “Coloquio en mil duascentas coplas galegas”, 1746.

CRENZAS: -A sombra do carballo e máis a do piñeiro son boas, a do castiñeiro húmidae e fría e a da nogueira enfermiza.

-Os carballos purifican o ambiente e dan boa sorte.

-Nalgúns árbores co toro furado tíranse pedras para adiviñar a sorte em amores.

Parque Natural do Invernadeiro En Galicia hai numerosos carballos catalogados como árbores senlleiras.

Os máis antigos en bosques atópanse no Invernadeiro e Ancares Fraga da Cabana Vella. Os Ancares

Carballos do pazo de Cartelos, en Carballedo (o máis grande ten 35 m de altura e 500 anos).

Carballa da Rocha (Rairiz da Veiga) declarado “Monumento Natural”

O CARBALLO

Cando soio, ó serán, vou paseniño cara ó fogar, de volta do traballo.

sempre detén meus ollos un carballo ergueito nun mallón, sobre o camiño.

Lanzal o tronco, as ponlas alongadas, o follaxe en dosel, forte, senlleiro, ten a medosa traza dun guerreiro vixiante de castros e valgadas.

Ó chegar ó pé del na atardecida, da lexendaria edade saudoso, quixérao ver cadeira frorecida dun rei celta, barbudo, fazañoso, ou soleada, verdecente ermida dun santiño aldeán e miragroso.

Ramón Cabanillas. DA TERRA ASOBALLADA MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro Mon Daporta