ÍNDICE: 1.Biografía: 1.1.Infancia e xuventude 1.2.Formación 1.3.Madurez 1.4.Obra 1.5.Últimos anos 2.Cantares Gallegos: 2.1.Estructura e voces 2.2.Temática 2.3Métrica 2.4.Estilo 2.5.Intención 2.6.Lingua 2.7.Crítica 1.BIOGRAFÍA Rosalía de Castro (1837 - 1885) foi unha poetisa e novelista española que escribiu.

Download Report

Transcript ÍNDICE: 1.Biografía: 1.1.Infancia e xuventude 1.2.Formación 1.3.Madurez 1.4.Obra 1.5.Últimos anos 2.Cantares Gallegos: 2.1.Estructura e voces 2.2.Temática 2.3Métrica 2.4.Estilo 2.5.Intención 2.6.Lingua 2.7.Crítica 1.BIOGRAFÍA Rosalía de Castro (1837 - 1885) foi unha poetisa e novelista española que escribiu.

ÍNDICE:
1.Biografía:
1.1.Infancia e xuventude
1.2.Formación
1.3.Madurez
1.4.Obra
1.5.Últimos anos
2.Cantares Gallegos:
2.1.Estructura e voces
2.2.Temática
2.3Métrica
2.4.Estilo
2.5.Intención
2.6.Lingua
2.7.Crítica
1.BIOGRAFÍA
Rosalía de Castro (1837 - 1885) foi unha poetisa e novelista española que escribiu tanto en lingua
galega coma en lingua castelá. Considerada na actualidade como un ente indispensable no
panorama literario do século XIX, representa xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez unha
das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego, non só pola súa achega literaria en xeral e polo
feito de que os seus Cantares Gallegos sexan entendidos como a primeira grande obra da literatura
galega contemporánea, senón polo proceso de sacralización ao que foi sometida e que rematou por
convertela en encarnación e símbolo do pobo galego. Ademais, é considerada xunto con Gustavo
Adolfo Bécquer, como a precursora da poesía española moderna.
Rosalía sobresaíu no campo da poesía, a través da creación de: Cantares Gallegos, Follas
Novas e En las Orillas del Sar. A primeira delas representa un canto colectivo, artisticamente
logrado, que serviu de espello . Na década de 1880 , fixeron destes anos unha etapa clave no
desenvolvemento da literatura galega, se ben a obra de Rosalía sempre mantivo unha posición
predominante con respecto ao resto. Finalmente, en En las Orillas del Sar maniféstase un ton
tráxico que encaixa coas duras circunstancias que rodearon os últimos anos da vida de Rosalía,
dignificante á comunidade galega ao empregarse a lingua desta. Na actualidade, a figura
de Rosalía de Castro e as súas creacións literarias continúan sendo obxecto dunha abundante
bibliografía e recibindo unha constante atención crítica, tanto no territorio español coma no
estranxeiro. É tal a aceptación e o interese que as obras desta escritora espertan no mundo que nas
últimas décadas os seus poemas foron traducidos a idiomas como o francés, o alemán, o ruso e o
xaponés.
1.1.Infancia e xuventude
1.2 formación
Naceu o 24 de febreiro de 1837 nunha casa
localizada na marxe dereita do Camiño Novo.
Filla natural do sacerdote José Martínez
Viojo e María Teresa de la Cruz Castro e
Abadía,foi bautizada ás poucas horas do seu
nacemento na Capela do Hospital Real
polo presbítero José Vicente Varela e Monteiro,
cos nomes de María Rosalía Rita e figurando
como filla de pais descoñecidos.
Ata cumprir os oito anos, Rosalía encontrouse
baixo a custodia da súa tía paterna Teresa
Martínez Viojo na aldea de Castro de Ortoño. É
nesta época cando a escritora toma conciencia da
dureza da vida do labrego galego, así como tamén
será nesta parte da súa vida cando teña
coñecemento e vivencia do mundo rural propio de
Galicia: a lingua, os costumes, as crenzas ou
as cantigas que tanto influíron na súa obra
titulada Cantares Gallegos.
Non se sabe exactamente cando nai e filla se
trasladaron a Compostela, pero si que en 1850
vivían nai e filla nesa cidade. Alí comeza a
formarse en torno á Sociedade Económica de
Amigos del País. En Santiago recibe
formación musical, artística e literaria;
participou nas actividades do Liceo de la
Juventud, lugar de encontro dos intelectuais
comprometidos co movemento provincialista.
As correntes ideolóxicas que impregnarán a
obra de Rosalía eran o socialismo e o
republicanismo. No liceo coincidiría con
Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Juan
Manuel Paz Novoa.
1.3. Madurez
1.4. Obras
En 1856, Rosalía trasladouse a Madrid xunto
María Josefa Carmen García-Lugín e Castro.
Un ano despois, Rosalía publicou un folleto de
poesías escrito en lingua castelá: La flor.
Posiblemente foi en Madrid onde Rosalía
coñeceu a Murguía, con quen casou o 10 de
outubro de 1858 na igrexa de San Ildefonso.
Murguía foi o primeiro que animou
a Rosalía no seu quefacer literario, sendo el o
responsable de Cantares Gallegos.
En 1859, Rosalía deu a luz á súa primeira
filla, Alejandra. A esta seguiron Aura , os
xemelgos Gala e Ovidio, Amara, Adriano
Honorato Alejandro e Valentina. Todos os
fillos de Rosalía de Castro naceron en Galicia.
Dende 1871, Rosalía viviu nas Torres
de Lestrove, en Santiago de Compostela e
Padrón, onde practicamente se instala en 1875.
Rosalía de Castro escribiu tanto en prosa
coma en verso, empregando o galego e o
castelán.
En 1863 foi publicado en Vigo o seu primeiro
grande libro, Cantares Gallegos, divulgado
polo seu marido, Manuel Murguía, quen
xestionou, sen o permiso da súa muller, a
saída da imprenta dun poemario que fixa o
comezo dunha nova rolda para a poesía
galega e que, sen dúbida, é a base de todo o
Rexurdimento literario e non literario da
cultura galega. Moitos poemas do seu libro
son glosas de cantigas populares, nelas
Rosalía denuncia a miseria, a pobreza e a
emigración masiva a que estaban obrigados os
galegos, sen deixar de verter os seus
sentimentos e vivencias persoais.
En 1880 a escritora publicou unha antoloxía de
poemas á que chamaría Follas Novas. O 40% dos
poemas de Follas Novas teñen afinidade co texto
publicado en 1863, mentres que o resto das
composicións presentan un diferente espírito
poético motivado polo afastamento da terra, as
desgrazas familiares e as doenzas físicas e morais.
Estamos, xa que logo, ante unha poética que
afonda nos sentimentos, na saudade e que ten
frecuentemente, por horizonte, a fronteira do
propio ser.
En castelán publicaría La flor (1857), A mi madre
(1863) e En las Orillas del Sar (1884) e as novelas
La hija del mar (1859), Flavio (1861), El cardiceño
(1863), Ruinas (1866), Las literatas (1867), El
caballero de las botas azules (1867), El pimer loco
(1881), El domingo de Ramos (1881), Padrón y las
inundaciones (1881), todas elas encravadas no
movemento romántico.
Libro Follas Novas, de Rosalía de Castro.
Casa museo Rosalía de Castro, Padrón.
Rosalía de Castro coa súa familia: o
seu home Murguía e os seus fillos:
Alejandra, Aura , os xemelgos Gala
e Ovidio e Amara.
1.5. ÚLTIMOS ANOS
Rosalía nunca gozou dunha boa saúde, parecendo
predestinada dende a súa xuventude a unha morte temperá.
De feito, nas poucas cartas que se conservan e que esta enviou
ao seu marido, con frecuencia se alude ás continuas doenzas
que a atenazaban. Pouco tempo antes de falecer, a escritora
decidiu pasar unha tempada ás beiras do mar e por iso se
trasladou a Santiago de Carril. Certo tempo despois regresou
ao lugar de La Matanza, onde o cancro de útero que padecía
se foi complicando progresivamente dende 1883, minguando
cada vez máis á xa de por si débil saúde da escritora. Tras tres
días de agonía faleceu o mércores 15 de xullo de 1885, na súa
casa de La Matanza, a consecuencia dunha dexeneración
cancerosa do útero. O corpo inánime recibiu sepultura ao día
seguinte no cemiterio de Adina, en Iria Flavia. Porén, o seu
cadáver foi exhumando o 15 de maio de 1891 para ser levado
solemnemente a Santiago de Compostela, onde foi novamente
sepultado no mausoleo creado especificamente para a escritora Cama onde finou Rosalía de
polo escultor Jesús Landeira, situado na Capela da Visitación Castro, La Matanza, Padrón.
do Convento de Santo Domingo de Bonaval, no presente
Panteón de Galegos Ilustres.
Tumba de Rosalía no Convento de
Santo Domingo de Bonaval,
Santiago de Compostela.
Estatua de Rosalía de Castro no
Parque da Alameda, Santiago de
Compostela.
2.CANTARES GALLEGOS
Foi en 1863 cando Manuel Murguía fixo
entrega ao impresor vigués Juan
Compañel do manuscrito rosaliano de
Cantares Gallegos, obra iniciadora
do Rexurdimento. Para comprender a orixe
desta, hai que ter presentes factores como a
familiaridade da poetisa coa música popular,
a reivindicación romántica das culturas
tradicionais e das súas manifestacións
populares. Tal foi o éxito alcanzado pola
obra que Rosalía de Castro foi invitada a
participar nos Xogos Florais de Barcelona,
aínda que declinou o ofrecemento. Ademais,
escritores lusos da xeración de 1865, como
son Antero de Quentalou Teófilo Braga,
manifestaron con prontitude a súa
admiración polo libro, para en 1868 ser
vertidos ao catalán dous dos poemas deste
por parte de Víctor Balaguer.
Libro Cantares Gallegos, de Rosalía
de Castro.
2.1. Estrutura e voces
O libro está enmarcado entre os poemas 1 e 36, sendo prólogo e epílogo respectivamente.
Ademais manifesta unha estrutura circular ao iniciarse cunha composición na que toma a voz
unha moza a quen convidan a cantar e ao finalizar coa mesma voz da rapaza que se desculpa
pola súa falta de habilidade para cantar as belezas de Galicia.
Deste modo, os poemas restantes quedan enmarcados polos que abren e pechan o discurso lírico e
transformándose nunha recreación da artista popular.
O número 25 e 33 faise evidente un “eu” lírico que pode entenderse como un método
que Rosalía emprega coa intención de aparecer como un personaxe popular máis, deixándose
patente a súa pertenza á comunidade rural.
2.2. TEMÁTICA
En Cantares Gallegos encóntranse recollidos 4 núcleos temáticos fundamentais, que son o
costumismo, o amor, o intimismo e en último lugar, o social-patriotismo.
-Temática costumista: nun considerable número de composicións predomina a descrición e a
narración para presentar crenzas, romarías, devocións ou personaxes característicos da cultura
popular galega que Rosalía defendía fronte aos estereotipos colonizadores.
-Temática socio-patriótica: neste núcleo temático englóbanse aquelas composicións nas que a
emigración, o abandono ao que Galicia está condenada e a explotación dos galegos en terras
estranxeiras son os motivos aos que se recorre para criticar a situación dun pobo galego maltratado
e reivindicar uns valores universais de xustiza social.
-Temática amorosa: Estes poemas móstrannos, dende unha óptica popular, o xeito de vivir o
sentimento amoroso diferentes personaxes do pobo en distintas circunstancias e situacións.
-Tematica intimista: Inclúense aquí "Campanas de Bastabales" e "Como chove miúdiño". A voz da
propia autora expresa os seus sentimentos.
2.3.Métrica
En Cantares Gallegos achamos manifestacións
de dous sistemas métricos distintos: o
puramente rítmico, baseado na acentuación e o
fundado no conto das sílabas. Pertencen en
principio ao primeiro as composicións número
1, 27, 30, 32, que utilizan o verso chamado
de muñeira. Dentro do sistema de sílabas
contadas dominan as formas populares de arte
menor: romances de versos de 8, 7, 6 e 5
sílabas; cantar popular; triadas e seguidillas.
2.4.Estilo
En Cantares aparece un sistema no que
predominan as formas populares de arte menor
(romances sobre todo). O verso de arte maior
redúcese ó hendecasílabo.
Unha excepción é o caso da "Alborada",
composición polimétrica por esixencia da
melodía á que se adapta.
Dous dos procedementos máis importantes
utilizados por Rosalía nesta súa obra, ademais
da antítese, son a repetición e o paralelismo, os
cales son de carácter moi variado.
Libro de Cantares Gallegos
2.5.Intención
2.6. Lingua
Cantares Gallegos non foron escritos
cunha finalidade puramente estética, son
produto dunha mera actitude sentimental
ou nostalxia ante o país nativo. A
intención que persegue a autora é a
apoloxía da súa terra e da súa lingua.
Proponse demostrar que a paisaxe e os
costumes de Galicia son encantadores e
que o seu idioma non é o que
groseiramente parodian.
A lingua galega deixara de ser unha
lingua literaria e reduciuse ao uso oral.
Nos documentos oficiais tamén foron
deixando de empregarse, non por
imposición do castelán como lingua
oficial, senón como consecuencia da
invasión do país pola nobreza
estranxeira. Coa intervención da
potestade real para poñer fin ás loitas
feudais, acentúase a presenza en
Galicia de autoridades e escribáns
casteláns. O idioma que tiñan á súa
disposición os iniciadores do
Renacemento romántico era unha
lingua dialectal empobrecida. Nesa
lingua, escribiu Rosalía, é unha lingua
viva pero non pura, influída polo
castelán.
2.7. Crítica
Libro Cantares Gallegos, de Rosalía de
Castro.
A crítica, española e estranxeira, aceptaron
unanimamente os Cantares Gallegos coma
unha obra mestra.
Os Cantares Gallegos incúbanse no clima do
realismo nacente, aínda non desprendido dun
certo realismo romántico. Este clima persistiu
na literatura galega ata o final da primeira
Guerra Mundial. Rosalía proxectaba os seus
Cantares Gallegos coma o reflexo poetizo da
súa terra. O libro preséntanos con gran riqueza
a vida aldeá, que Rosalía coñecía moi ben. Os
Cantares Gallegos non son fundamentalmente
lírica senón máis ben épica, unha epopeia
popular de ambiente, con heroes populares
individuais que reflexan diversas facetas do
heroe que é a Galicia labrega. Trátase dunha
épica democrática, da que está proscrita a clase
señorial.
Busto de Rosalía de
Castro, no Parque
Independencia de
Rosario, Santa Fe,
Argentina.
Monumento a Rosalía
de Castro na Plaza de
Galicia, Montevideo,
Uruguay.
Estatua de Rosalía
de Castro, Rianxo,
Galicia.
Monumento de
Rosalía de Castro,
Ferrol, Galicia.
“Non importa que os soños sexan mentira, xa
que ao cabo é verdade que é venturoso o que
soñando morre, infeliz o que vive sen soñar”.
Rosalía de Castro
FIN
Cristina Senín Proupín
Jeny Teo Loy
1º DE BACHARELATO A