O morcego Roque. A llama

Download Report

Transcript O morcego Roque. A llama

a llama
Da importancia da llama para os
pobos andinos son mostra as
numerosas representacións que
fixeron dela ao longo dos tempos.
Cerámica con
forma de llama
da cultura de
Nazca, 0 a 700
d C.
Llamas nun petroglifo do deserto de Atacama
Figuriña
precolombina
dunha llama
feita en ouro.
A llama (Lama glama)
é un animal creado
polos pobos andinos a
partir dos guanacos.
Está emparentada cos
camelos e os
dromedarios.
Vive nas chairas de
altura dos Andes, entre
os 2300 e os 4000 m
de altitude, desde
Colombia ata o centro
de Chile e o norte da
Arxentina. Ten unha
figura lanzal, con
patas, e pescozo
longos. Mide entre 1 m
e 1.20 m de altura na
cruz, ata 1,90 m do
chan á cabeza, e pode
pesar ata 125 kg.
Aliméntase de
herbas e follas
propias das
zonas altas
nas que se
desenvolve.
Ten o labio
superior partido,
para non danalo
coas herbas
duras, e os dentes
longos para
cortala mellor.
Cando se enfadan
botan as orellas
para atrás e moitas
escupen, son quen
de lanzar un chorro
de cuspe a
bastante distancia.
Ten as patas
finas pero con
bos apoios, os
dedos
protexidos por
unllas fortes e
as plantas
endurecidas
para non
danarse coas
irregularidades
do terreo.
Cando
descansan
recollen as patas
debaixo do corpo
para non perder
calor
Para rañarse e para limpar a pel,
as veces, danse baños de terra.
A llama vive en
grupos de 7 a
15 animais,
formados por
un macho
reproductor
dominante, as
femias e as
súas crías.
Cada rebaño
ocupa un
territorio
delimitado e
marcado por
acumulacións
de
excrementos e
ouriños
Como son animais
territoriais os
machos pelexan,
a empurróns
patadas e
dentadas, polo
control do seu
espazo e polas
femias.
Maduran ao ano de
vida pero póñense
a criar aos 3 anos. A
xestación dura 11
meses e teñen unha
soa cría que nace
ben desenvolvida
As crías
maman
ata os 6
meses.
Chegan a
vivir entre 15
e 20 anos.
Críase en réxime de pastoreo
E téñense como animais de carga,
productores de carne, lá, e coiro;
tamén se lle aproveita a graxa
para facer velas e os excrementos
como abono e como combustible.
Os amchos utilízanse como animais de carga. Transportan uns 40 kg en
viaxes longas e ata 60 kg en viaxes dun só día.
A carne dos
machos cómese
pouco, porque é
moi dura, a das
femias ten un sabor
perecido a de
carneiro.
Unha llama produce 4
kg de lá cada 2
anos.Despois da rapa
sepárase a lá, fina e
de boa calidade, que
se utiliza para a
confección de roupa,
do pelo, longo e duro,
que se trenza para
facer cordas.
A lá úsase soa ou mesturada coa de
ovella para fiar e facer todo tipo de
prendas.
Corda de pelo de llama
A pel e o coiro
utilízanse para facer
colchas, tapizados,
alfombras, calzado,
carteiras,…
Tamén se usan como recurso
turístico para facerse fotos,
para dar paseos,…
Son protagonistas en algúns eventos como festas, cabalgatas
e carreiras.
Carreira de
llamas
nunha
celebración.
Hai dúas razas
principais:
Raza de pelo
curto "Ccara",
"Q'ara" ou
"Pelada", que ten
lá curta e só pelo
curto na cara, no
pescozo e nas
patas.
Raza lanuda
"Ch'aku", menos
común, con pelo
de febras longas
de finura media
tamén no pescozo.
Os “adornos” que levan nas orellas
son marcas que lle poñen os
propietarios para poderen
distinguilas e recoñecelas, aínda
que tamén se lle poñen adornos
especiais en datas sinaladas.
Pola mobilidade
dos labios e a
mandíbula as
llamas poden
adoptar expresións
moi chamativas.
fin
As imaxes foron collidas da internet.
Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar
o uso que fixen delas.
Mon Daporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA