A prosa entre 1936-76

Download Report

Transcript A prosa entre 1936-76

A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa

( Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas)

CONTEXTO SOCIO-HISTÓRICO

 A represión do 1936 provoca: - Silencio interior. Destaca a fundación de Galaxia (1950), que abre unha nova etapa na cultura galega.

- Exilio. Continúase en América co intenso labor de recuperación e afirmación cultural levado a cabo en Galicia no primeiro terzo do século XX (Irmandades, Nós, Vangardas).

Narrativa de posguerra

    A) Literatura de circunstancias. Relatan a guerra civil e as súas consecuencias. Ramón de Valenzuela Silvio Santiago.

B) Liña continuísta coa narrativa de preguerra(Nós).Carballo Calero C) Narradores cunha obra moi individualizada, que non permite falar de grupo literario: Fole Blanco Amor Cunqueiro Neira Vilas.

D) Nova Narrativa Galega. Renovan o discurso narrativo galego.

LITERATURA DE CIRCUNSTANCIAS   - Non agardei por ninguén ( peripecias do protagonista como guerrilleiro e como soldado na fronte de batalla).

- Era tempo de apandar ( exilio, repatriación, cárcere).

LITERATURA DE CIRCUNSTANCIAS  Silvio Santiago (exiliado en Caracas, desenvolve un gran traballo cultural gaelguista)  Vilardevós ( infancia na aldea natal).

Continuadores da narrativa de preguerra  A xente da Barreira – 1951- (reconstrución da historia da degradación dunha familia fidalga desde os tempos da Restauración).

REALISMO POPULAR – ANXEL FOLE      Realidade rural cotiá e paisaxe (val de Quiroga, O Incio e o Caurel).

Técnicas da lit. oral (inconcreción temporal, referencias ao destinatario, detalles secundarios…) Misterio (premonicións, maxia, mundo do alén, aparecidos, lendas de lobo…). Racionalismo crítico.

Presenza do humor.

Naturalismo lingüístico: toma como modelo a lingua oral (dialectalismos, arcaísmos e vulagrismos…)

REALISMO POPULAR

   Á lus do candil (historias contadas por diferentes personaxes nas longas noites de inverno).

Terra brava (técnica do manuscrito atopado).

Contos da néboa (ambientación urbana).

REALISMO FANTÁSTICO ÁLVARO CUNQUEIRO  Combina o elemento marabilloso co cotián  Estilo próximo á oralidade.

 Humor e ironía.

Novelas que recrean mitos da lit. universal      Humanización do mito.

Merlín de familia (Felipe de Amancia, conta as vivencias do seu amo, o mago Merlín, cando traballou para el, sendo novo).

Estrutura: chegada do personaxe ao pazo de Merlín, petición de axuda ao mago, resolución ou non do problema.) As crónicas de Sochantre Se o vello Simbad volvese ás illas.

Crónicas do sochantre

   As crónicas de Sochantre Bretaña francesa Historia da viaxe do sochantre de Pontivy, cando é chamado para tocar o bombardino no enterro dun fidalgo.

Se o vello Simbad volvese ás illas     Espazo:país de Bolanda e a taberna de Mansur.

Protagonista: Simbad, xa vello, conta historias que ninguén cre.

Para recobrar o creto, organiza unha viaxe, que non se realizará, no navío “Venadita” que tampouco existe.

Simbad, cego, péchase nun mundo de soños onde segue sendo o heroe de sempre.

Conxunto de contos de personaxes populares     Escola de menciñeiros.

Xente de aquí e acolá.

Os outros feirantes (“O cabalo de Alberte Merlo”, “A voadora de Serantes”) Retratos de seres populares tocados polo extraordinario, conformando un grande mosaico da Galiza popular.

Estratexias de verosimilitude

 ¿Como consegue a credibilidade o narrador?

 Descricións detallistas  Presenza de autoridades  Relacións de parentesco  Topónimos galegos  Localizacións cronolóxicas

REALISMO SOCIAL-BLANCO AMOR      Problemática social galega Ambientación: Ourense natal A esmorga Xente ao lonxe Os biosbardos

A ESMORGA

      Estrutura: “Documentación” (narrador-editor) e cinco capítulos (narrador-protagonista).

Técnica telefónica (diálogo mudo entre Cibrán e o xuíz) Espazo: itinerante por Auria (espazos pechados e abertos). Atmosfera de líquidos.

Personaxes: Cibrán, Bocas e Milhomes. Marxinais, instintivos e primarios. Tempo: a esmoga (24 horas) é contada ao xuíz por Cibrán(analepse) durante 2-3 días (cuartelillo).

Relevancia dos personaxes populares: A Raxada, Socorrito, dama de Andrade, tía Esquilacha, prostitutas…

XENTE AO LONXE

    Novela coral estruturada en catro partes.

Crónica social e familiar.

Analiza, a través da familia Vilar (obreira de ideas socialistas), o movemento obreiro en Auria a principios do século XX.

Narradores: o adolescente Suso e Severa, irmá de Evanxelina.

Os biosbardos

   Relatos Narrados por personaxes infantís e adolescentes.

Glósanse os sete pecados capitais.

Literatura de carácter ruralista Neira Vilas   Actitude crítica coa realidade social.

Estes temas están tratados sempre desde a óptica de seres marxinados sometidos a conflitos e violencias.

NARRATIVA

   Obras que xiran arredor da vivencia infantil do mundo da aldea. Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo Mundo rural visto desde a perspectiva adulta: Xente no rodicio (a miseria e opresión leva aos personaxes a unha situación saída) Mundo da emigración: Camiño bretemoso ( emigrante marxinal e alcohólico conta a un ouvinte a súa aventura por Arxentina e o seu remate tráxico).

MEMORIAS DUN NENO LABREGO