Transcript século XIX

No século XIX Galiza
vivía inda sumida no
sistema feudal porque o
campesiñado (a maioría
do pobo) seguía pagando
á Igrexa e fidalguía un
arrendamento (o foro)
por cultivar as súas terras
sen posibilidades de
mellora económica.
Isto motivou que moita poboación emigrase para
fuxir non só da pobreza senón da mesma fame.
Por outra banda, a literatura escrita
escaseaba nun pobo que cría que o seu
idioma non podía ter prestixio social
porque o poder non o usaba, por iso só
se empregaba oralmente no seo da
familia. Ademais os índices de
analfabetismo eran altísimos.
EN 1833 O ESTADO ESPAÑOL
DECIDIU DIVIDIR O PAÍS
GALEGO EN CATRO PROVINCIAS
DAS SETE QUE POSUÍA. ESTA
NOVA DELIMITACIÓN
ADMINISTRATIVA NON TIÑA EN
CONTA A REALIDADE DAS
COMARCAS NIN PRETENDÍA
RESOLVER O PROBLEMA
SOCIOECONÓMICO DA GALIZA.
A DESAMORTIZACIÓN
INICIADA EN 1835 POLO
MINISTRO MENDIZÁBAL,
QUE CONSISTÍA NA
VENDA DE TERRAS QUE A
IGREXA NON UTILIZABA,
FOI INEFICAZ NA GALIZA
Mendizábal
PORQUE OS LABREGOS
NON AS PODÍAN MERCAR.
En 1846 o xeneral Solís
dá un pronunciamento
liberal en Lugo contra o
goberno isabelino pero,
perseguidas as súas
tropas, marcha cara a
Compostela; apresados,
os incitadores dos
sublevados liberais son
fusilados sen xuízo
previo en Carral, unha
vila ao sur da Coruña.
Solís
Este tráxico episodio
coñécese co nome dos
Mártires de Carral,
os primeiros mortos
implicados na causa
galeguista.
Monumento aos
Mártires, en Carral
Antolín Faraldo,
líder provincialista
A reacción contra esta
situación fai xurdir o
primeiro movemento
galeguista, que se
denomina provincialismo
por reclamar que Galiza
fose considerada como
unha soa provincia
gobernada principalmente
por organismos galegos.
Foto familiar de Rosalía e
Manuel Murguía, teórico do
rexionalismo
Creado xa un ambiente
político galeguista
durante o goberno de
Isabel II, o seguinte
período de defensa da
identidade de Galicia
noméase rexionalismo
por reclamarse para o
país dereitos políticos de
autogoberno rexional, a
defensa do idioma, a
desaparición dos foros...
A PESAR DA LEI
MOYANO, QUE
OBRIGABA AO USO DO
CASTELÁN NO ENSINO
DENDE 1852, ...
MOYANO, MINISTRO
DE EDUCACIÓN
...TODO ESTE CLIMA GALEGUISTA
FAVORECEU A APARICIÓN DA LINGUA
NO ÁMBITO DA ESCRITA.
Os primeiros estudos lingüísticos non naceron ata
1864, coa gramática de Francisco Mirás. A partir
de entón van xurdindo tamén os dicionarios.
Saco e Arce elaborou unha
gramática de gran calidade
M. Valladares foi tamén
creador dun dicionario e
dunha gramática
A PRENSA ESCRITA EN GALEGO NACE TAMÉN
DURANTE O REXURDIMENTO. VALENTÍN LAMAS
CARVAJAL DIRIXÍA O Tío Marcos da Portela MENTRES
APARECÍAN OUTROS PERIÓDICOS, COMO A Monteira.
Lamas Carvajal
Manuel Murguía
apoiaba a cultura
galega malia que só
escribiu en galego
dúas veces; incluso
elaborou o discurso
de apertura da RAG
en idioma castelán
A Real Academia, na rúa
do Parrote, na Coruña,
perante a que posa o
académico Neira Vilas
Todo este fervor cultural levou
a que se crease a Real
Academia Galega en 1905
aínda que ata 1906 non se
reuniu por primeira vez baixo
a dirección de Murguía.
En 1809 a guerra contra
os franceses orixinou a
aparición de escritos
propagandísticos en galego
animando á loita.
PRERREXURDIMENTO
Todos os escritores que
publicaron antes de
1863, ano da edición de
Cantares gallegos, de
Rosalía, en que se inicia
o Rexurdimento, son
chamados precursores.
A literatura do s. XIX
carecía de referentes
anteriores pois nos
Séculos Escuros case
non houbera textos
escritos inda que esta se
mantiña na oralidade
(contos, cantigas...).
PRERREXURDIMENTO
Un romance anónimo que arengaba
contra o invasor de 1809 constitúe
o primeiro texto do XIX: Un
labrador que foi sarxento aos
soldados do novo alistamento.
Miliciano galego
PRERREXURDIMENTO
Ao ano seguinte aparece
un diálogo propagandístico
en prosa contra o exército
francés onde se loan as
vitorias galegas, titulado
Proezas de Galicia.
Fernández Neira, autor de
Proezas de Galicia
PRERREXURDIMENTO
Á parte doutro romance de 1813
contra a Inquisición, de Pardo de
Andrade, o xénero narrativo dos
diálogos anónimos de política e
actualidade abundou no panorama
literario a inicios do s. XIX:
Tertulia de Picaños
Tertulia da Quintana
Parola de Cacheiras
PRERREXURDIMENTO
PEDRO BOADO SÁNCHEZ PUBLICOU EN 1823 UN
DIÁLOGO MÁIS EXTENSO E CULTO CÓS ANTES
CITADOS: O tío Farruco. NEL DENUNCIABA A SITUACIÓN
SOCIAL. INFELIZMENTE TODA A SÚA OBRA SE PERDEU
NO NAUFRAXIO EN QUE FALECEU CANDO SE
TRASLADABA EXILIADO A GRAN BRETAÑA.
PRERREXURDIMENTO
Pastor Díaz
Poetas da época do
provincialismo foron
Alberte Camino,
Vicente Turnes ou
Nicomedes Pastor
Díaz, autor de
Alborada e Égloga,
Vicente Turnes
tamén compuxo
varios vilancicos de
Nadal. Moitas
destas panxoliñas
creáronse durante o
s. XIX na catedral
de Mondoñedo.
PRERREXURDIMENTO
Xoán Manuel Pintos era un
avogado de Pontevedra que
en 1853 editou A gaita
gallega, unha obra onde
tamén se atopan treitos en
castelán ou latín e se alterna
o verso coa prosa. De
temática variada, tivo moito
éxito, ademais do acadado
por poemas e artigos seus
aparecidos en distintas
publicacións da época.
X. M. Pintos
PRERREXURDIMENTO
Francisco Añón foi un
poeta da etapa galeguista
do provincialismo moi
considerado entre os seus
contemporáneos. A súa
poesía, costumista, non se
chegou a publicar
compilada en vida. Tivo
que morrer no exilio, como
Antolín Faraldo.
A última actividade dos
PRERREXURDIMENTO
precursores foi o certame
poético dos Primeiros Xogos
Florais, na Coruña, en 1861.
Añón
Rosalía
Pondal
Só lle concederon un accésit a Añón e en 1862 publicáronse
todos os poemas do concurso no Álbum de la Caridad,
primeira compilación poética do s. XIX.
REXURDIMENTO
Rosalía de Castro (1837-1885) inaugura este período
coa publicación de Cantares gallegos en 1863, que
consta de coplas populares baseadas en cantigas orais.
Follas novas (1880)
está composto por
cinco partes:
REXURDIMENTO
“Vaguedás”
“Do íntimo”
“Varia”
“Da terra”
“As viudas dos
vivos e as viudas
dos mortos”
Follas novas
As dúas primeiras
partes teñen carácter
subxectivo, nas que a
voz poética expresa o
seu desacougo
existencial, ante o
que só atopa repouso
na morte. A famosa
metáfora da negra
sombra simboliza a
angustia vital que
sente a voz poética.
REXURDIMENTO
Follas novas
A terceira parte xa
comeza a mostrar
poemas obxectivos
ata o final, nos que a
situación social de
miseria debida á
inxustiza social que
causa unha grande
emigración... ,
REXURDIMENTO
Follas novas
REXURDIMENTO
... a defensa do feminismo e a
denuncia da precariedade da
muller na sociedade machista do
século XIX son os temas básicos.
Manuel Curros Enríquez
REXURDIMENTO
(1851-1908) empezou cedo a
facer poesía (o famoso poema
“Cántiga” data de 1869). En
1877 gañou un concurso
poético en Ourense con tres
composicións: “O gueiteiro”,
“Unha boda en Einibó”, de
carácter costumista, e “A
Virxe de Cristal”, unha lenda
orixinaria da vila da nai,
Vilanova dos Infantes, preto
de Celanova, onde el naceu.
REXURDIMENTO
O anticlericalismo e a
denuncia das inxustizas
sociais constitúen os temas de
Aires da miña terra (1880). A
Igrexa perseguiuno por impío
ata facerlle perder a súa praza
de funcionario en Ourense.
(O poema “O maio” constitúe
un exemplo claro de poesía
anticlerical).
“Cando eu me atopare
de donos liberto
e o pan non mo quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
florezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero.”
REXURDIMENTO
En 1888 edita O Divino
Sainete, poema que imita
a Divina Comedia, famosa
obra de Dante do s. XIV. O
poeta, xunto ó espírito de
Añón, xa morto daquela,
visita os sete vagóns dun
tren (que representan os
pecados capitais, onde
satiriza personaxes da
época), no que se dirixen
a Roma para pedirlle ó
Papa que a Igrexa deixe
de ser tan materialista.
REXURDIMENTO
Curros denunciaba a Igrexa como a
culpable da pobreza do pobo galego,
que era maiormente campesiño.
As sátiras contra a
Igrexa e certos
literatos e políticos
carrexáronlle o exilio.
Curros foi traballar
como xornalista para
Cuba, dende onde
promoveu a creación
da Real Academia
Galega, que viu
inaugurarse dous anos
antes da súa morte.
REXURDIMENTO
REXURDIMENTO
Eduardo Pondal (1835-1917)
naceu en Ponteceso no
seo dunha familia fidalga,
o que lle permitiu
abandonar o seu traballo
de médico para dedicarse
só á literatura.
Presentou o seu primeiro poema, “A
campana de Anllóns”, ós primeiros Xogos
Florais, aparecendo no Álbum de la Caridad.
REXURDIMENTO
O seu único poemario publicouse en vida en 1886. Nel
identifícase como vate, ó xeito dos poetas celtas, os bardos,
para cantar as excelencias do glorioso pasado do pobo
galego, un pobo forte e guerreiro.
REXURDIMENTO
En Queixumes dos
pinos Pondal defendía
as orixes célticas de
Galiza, que ligaba con
topónimos inventados
ou reais propios da
natureza da zona de
Bergantiños, a cal
mostra poeticamente
en estado salvaxe.
Ademais dotaba ós
heroes celtas dos
atributos clásicos dos
espartanos da Grecia
Antiga: fortaleza e
masculinidade. As
características
femininas eran propias
dos pobos escravos,
como o foron os ilotas
para os gregos.
A muller é tratada na súa
poesía ás veces como mero
obxecto sexual ó servizo do
home e outras do xeito
idealizado clásico da loa.
REXURDIMENTO
As catro primeiras estrofas do
poema “Os pinos” constitúen a
letra do noso himno, con
música de Pascual Veiga.
REXURDIMENTO
PONDAL TAMÉN É AUTOR DUN
POEMA ÉPICO INACABADO SOBRE
O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA,
Os eoas, QUE ABANDONOU POR
NON SER DE TEMA GALEGUISTA.
REXURDIMENTO
poesía
Leiras Pulpeiro
cultivou a poesía
costumista,
patriótica e
anticlerical en
Cantares gallegos,
co mesmo título có
libro de Rosalía.
REXURDIMENTO
novela
A primeira novela galega data de 1880; de temática
romántica costumista, é de Marcial Valladares e
leva por título Maxina ou a filla espúrea.
REXURDIMENTO
narrativa
Á parte de xornalista,
Valentín Lamas Carvajal
tamén foi poeta (Espiñas,
follas e flores) e narrador.
Nesta obra un labrego e o autor
dialogan coma nun catecismo
sobre as míseras condicións de
vida do campesiñado galego.
REXURDIMENTO
novela
Antonio López Ferreiro nos noventa escribiu tres
novelas de tema realista histórico: A tecedeira de
Bonaval, O castelo de Pambre e O niño de pombas.
REXURDIMENTO
teatro
A fonte do xuramento (1882)
Francisco Mª de la
Iglesia, autor de
A fonte do xuramento
considérase a primeira peza
teatral en tres actos estreada no
século XIX, aínda que en 1849
xa se publicara A casamenteira,
obra escrita en 1812 por Benito
Fandiño presentando o tema
dos casamentos amañados.
Galo Salinas, ademais
de publicar obras
teatrais, fundou a
Escola Rexional de
Declamación (onde se
formaban actores e
actrices), para a que
escribiu pezas de
carácter costumista,
como Filla! (1904).
REXURDIMENTO
teatro