Xeración Nós

Download Report

Transcript Xeración Nós

Portada da revista, deseñada por Castelao EN 1920 SAE Á RÚA O PRIMEIRO NÚMERO DA REVISTA NÓS, DIRIXIDA POR VICENTE RISCO E ONDE APARECEN COMO REDACTORES CABANILLAS, CASTELAO, FLORENTINO CUEVILLAS, OTERO PEDRAYO E ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ; E COMO COLABORADORES, ENTRE OUTROS AUTORES, ESCRITORES DAS IRMANDADES, COMO OS IRMÁNS VILLAR PONTE, NORIEGA VARELA, LÓPEZ ABENTE OU VIQUEIRA.

A revista estaba escrita enteiramente en galego, mesmo a publicidade, da que había deseños de Castelao. Os seus artigos variaban da poesía, pintura ou teatro á arqueoloxía, arte ou historia.

Imaxe de Mazas aparecida en Nós en 1922

Xeración Nós Todos os compoñentes da xeración Nós eran universitarios e entraron tardiamente nas filas do galeguismo. Afonso D. R. Castelao (1886 1950) foi escritor, debuxante e pintor; ademais, parlamentario do Partido Galeguista. Ao ser de orixe humilde e rianxeiro, non se inclúe no Cenáculo Ourensán.

CENÁCULO OURENSÁN Xeración Nós RAMÓN OTERO PEDRAYO (1888-1976) ERA OURENSÁN E PERTENCENTE Á FIDALGUÍA. TAMÉN FOI DEPUTADO EN MADRID POLO PARTIDO GALEGUISTA. ESTABA LICENCIADO EN XEOGRAFÍA E HISTORIA, TEMAS DOS QUE TRATABAN OS SEUS ENSAIOS.

CENÁCULO OURENSÁN Xeración Nós

Vicente Risco (1884-1963) naceu en Ourense e era avogado. Fundou a revista Nós e defendeu o nacionalismo (Teoría do Nazonalismo Galego 1920) pero trala guerra traizoouse ao crer en Franco, quen condenou todas as liberdades.

CENÁCULO OURENSÁN Xeración Nós FLORENTINO CUEVILLAS (1886-1958) ESCRIBIU NARRACIÓN CURTAS (Prosas Galegas) E ESTABA MOI LIGADO AO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS POLO SEU INTERESE NA PREHISTORIA DE GALIZA.

A xeración Nós, á altura do ambiente literario europeo, deu un grande impulso á narrativa, e a súa ideoloxía queda claramente reflectida en dous ensaios e unha novela: Dos nosos tempos, de Cuevillas, onde teoriza sobre a liberdade de elixir o socialismo como práctica política nacionalista.

Nós, os inadaptados

(1933), de Risco, explica a evasión da cultura galega e o exotismo en que se imbuíron os compoñentes do cenáculo ourensán antes da súa aceptación do nacionalismo galego. Para a xeración Nós, o atlantismo, a raza, a lingua e a terra constitúen as características definitorias do ser galego.

Arredor de sí

constitúe unha novela de Otero que simboliza o camiño vital dos compoñentes de Nós antes da súa entrada no nacionalismo. O protagonista, Adrián Solovio, vive unha odisea persoal en busca da satisfacción cultural no estranxeiro e acaba atopándose a si mesmo no mundo de Galiza.

En 1923 varios universitarios fundan, xunto dalgúns membros de Nós, o SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS coa finalidade do estudo científico da cultura galega. Carballo Calero, Bouza Brey ou Filgueira Valverde colaboraron dende este organismo na revista

Nós

.

O Seminario de Estudos Galegos, traballando no propio terreo.

Un dos deseños que Castelao facía para Nós

Antón Losada Diéguez, redactor da revista Nós e pertencente tamén ao Seminario de Estudos Galegos. Publicou relatos en

Prosas Galegas.

VICENTE RISCO

Risco ten unha concepción especial do nacionalismo: o sentimento, o apego á terra e a visión cíclica da Historia. Na súa obra ensaística (Teoría do Nazonalismo Galego, Nós, os inadaptados, Mitteleuropa e Leria) amosa estes conceptos.

OBRA NARRATIVA

O ensaio foi un xénero literario moi practicado pola xeración Nós

1919

OBRA NARRATIVA

O humor, o mundo de ultratumba, o esoterismo e o emprego das enumeracións caóticas son constantes das novelas de Risco, como en Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros .

1922

OBRA NARRATIVA

Esta novela arremete contra o caciquismo, a vulgaridade e incultura dos gobernantes galegos locais. A obra remata coa queima da biblioteca municipal .

1925

OBRA NARRATIVA

Relato dunha muller convertida en loba que está baseado nas lendas populares galegas. Un mozo desenfeitízaa queimándolle a pelica de loba e acaban casando.

OBRA NARRATIVA

1925 A trabe de ouro e a trabe de alquitrán 1926 A Coutada 1927 Os europeos en Abrantes

OBRA TEATRAL

No ano 1928 estréase

O bufón de El-Rei

, obra expresionista onde sae á luz a faceta máis descarnada da alma humana: o desprezo pola malformidade física, o engano, a burla, os celos...

RAMÓN OTERO PEDRAYO

A temática da súa obra narrativa presenta os temas da idealización da fidalguía, o respecto pola tradición galega e o tratamento especial da paisaxe.

Otero foi un grande orador

ENSAIO

Os seus ensaios tratan da xeografía e historia de Galiza: Síntese xeográfica de Galicia (1926)

OBRA NARRATIVA

As novelas de Otero Pedrayo poden dividirse en culturalistas (interesa máis a ideoloxía có argumento) e realistas. Todas botan man da historia de Galiza.

Devalar A romeiría de Xelmírez

(1935)

O mesón dos ermos

(1936)

A súa novela realista máis coñecida é Os

camiños da vida

(1928), onde literaturiza a historia de Galiza no s. XIX e XX: a decadencia da fidalguía, as guerras carlistas, o ascenso da burguesía e os inicios do nacionalismo no s. XX.

CASTELAO, GRAN CONFERENCIANT E E POLÍTICO, PARTICIPOU CREATIVAMENTE NAS NOVAS CORRENTES ESTÉTICAS DO VANGARDISMO.

PIMPINELA, de

Os vellos

...

Os seus dotes de debuxante fixéronlle concibir a narrativa como pintor e non como escritor.

Así, inventa a cousa, un relato sintético e decorado cunha ilustración onde a reflexión sobre a vida impregna as historias narradas.

NARRATIVA cousa en Cousas (1926-29)

DESEÑO PARA COUSAS NARRATIVA

NARRATIVA

Porén, a importancia da historia está no debuxo e o texto só serve de apoio á imaxe na obra Cousas da vida.

No ano 1922 edita o seu primeiro libro en prosa, de temática anticaciquil e sobre o mundo de ultratumba.

Nel, o protagonista é un morto que pode ver co seu ollo de vidro... ...un mundo que de vivo non podía ollar.

NARRATIVA

En 1934 publicou estoutra obra, na que os dous protagonistas, Pedriño e Rañolas (eivado das pernas), simbolizan dúas formas de afrontar a vida: unha comprometida e dificultosa, e a outra cómoda, sen espírito.

NARRATIVA

PEDRIÑO NARRATIVA

Esta novela está dividida en capítulos que presentan as mesmas características cás cousas: síntese, escaseza de personaxes, sinxeleza de lugares e accións...

Retrincos sae do prelo no mesmo ano. Consta de cinco relatos autobiográficos.

NARRATIVA

O SEGREDO PEITO DE LOBO O INGLÉS O RETRATO SABELA NARRATIVA

OS ENSAIOS DE CASTELAO AMOSAN UNHA TEMÁTICA CENTRADA NA ARTE, COMO AS CRUCES DE PEDRA NA BRETAÑA E AS CRUCES DE PEDRA NA GALIZA , OBRAS AMBAS DOS ANOS TRINTA.

CASTELAO, POR MASIDE ENSAIO

A historia do nacionalismo galego durante a II República está recollida no seu máis famoso libro.

ENSAIO

Neste ensaio describe os impedimentos que o goberno da República puxo á consecución do Estatuto de Autonomía de Galiza, efémero pola chegada da Guerra Civil en 1936.

ENSAIO ESCUDO DE GALIZA, POR CASTELAO

TAMÉN REFLEXIONA SOBRE A NOSA CULTURA EN DEFENSA DA NOSA NACIONALIDADE.

ENSAIO

Así, é famoso o pensamento de Castelao de que os pobos teñen cadanseu idioma, o que nos diferencia dos animais, como os cans, que ladran igual en todo o mundo.

Á ESQUERDA, CUNS AMIGOS ENSAIO

TEATRO

CASTELAO COMPUXO UNHA ÚNICA PEZA TEATRAL EN TRES ACTOS.

En cada acto un vello sucumbe (a morte sempre o avisa antes) ante o esforzo que require namorarse dunha moza.

TEATRO

Este proceder está censurado polo propio pobo a través do refraneiro (“Vello en amores, inverno con flores”), polo que a obra reborda galeguidade en todos os aspectos. BONECA QUE RECITA O PRÓLOGO TEATRO

Cada vello presenta un estereotipo social dos inicios do s. XX: o burgués é o Boticario; o fidalgo en decadencia, o borracho don Ramón; e o labrego rico, o señor Fuco.

TEATRO DON RAMÓN

TODOS OS ACTORES E ACTRICES LEVAN MÁSCARAS PORQUE OCULTAN A VERDADE NUN MUNDO FALSEADO POLAS PERSOAS, UNHA VISIÓN MARCADAMENTE EXPRESIONISTA.

TEATRO

TEATRO

O expresionismo gustaba da fealdade do ser humano, dos baixos instintos e da deformación da realidade fronte á hipocrisía xeral.

As escenas explotan ao máximo ese gusto polas personalidades máis ruíns: os fachendosos vellos, o desprezo de Lela, a traizón forzada pola pobreza de Pimpinela, ...

LELA TEATRO

MICAELA TEATRO

... a cobiza de Micaela ou a burla do pobo por medio das dez mulleres con caretas de asombro, risa e gargalladas en cadanseu acto.

Tamén os escenarios son vangardistas: só dunha cor ou con escasos elementos. TEATRO

Castelao concibía o teatro como un espectáculo global, onde a música, a danza ou as luces tivesen cabida xunto aos elementos propiamente dramatúrxicos.

TEATRO

OS ÁLBUMS TRATAN DA XENTE GALEGA E MAIS DA GUERRA CIVIL:

CINCUENTA HOMES

POR DEZ REÁS, NÓS; GALICIA, MÁRTIR, ATILA EN GALICIA E MILICIANOS.

DESEÑO

RAFAEL DIESTE

NARRATIVA DIESTE (1899-1981) TAMÉN ERA RIANXEIRO. EN 1926 PUBLICOU VARIOS RELATOS CO TÍTULO DE DOS ARQUIVOS DO TRASNO , ALGÚN DOS CALES APARECEU TAMÉN PUBLICADO EN NÓS .

A INCURSIÓN NO MUNDO DO SOBRENATURAL E O MISTERIO MARCAN A TEMÁTICA DESTE LIBRO.

NARRATIVA

DIESTE TAMÉN CREOU UNHA OBRA DRAMÁTICA: A FIESTRA VALDEIRA , NA QUE A FALTA DE RESPECTO POLA ORIXE HUMILDE DO POBO DÁ LUGAR AO CONFLITO, MAIS CUN FINAL FELIZ.

TEATRO

EN 1936 TODAS AS ACTIVIDADES CULTURAIS E POLÍTICAS DE NÓS CESARON POR CAUSA DO GOLPE DE ESTADO DE FRANCO E A GUERRA CIVIL.

ÉPOCA NÓS