OS NENOS DA RATA LUÍSA Mon Daporta Os biosbardos Hoxe foron facer outra vez magosto , os mesmos de sempre e un ratiño.

Download Report

Transcript OS NENOS DA RATA LUÍSA Mon Daporta Os biosbardos Hoxe foron facer outra vez magosto , os mesmos de sempre e un ratiño.

OS NENOS DA RATA LUÍSA

Os biosbardos

Hoxe foron facer outra vez magosto , os mesmos de sempre e un ratiño novo.

Todo foi moi ben, os xogos e as laradas, riron a afartar e ata sobraron castañas.

E nestas xuntanzas, xa se sabe, é obrigado gastarlle unha broma ao recén chegado.

E, como de repente, xurdeu unha idea que foi ben acollida pola patulea.

-O que iría moi ben para completar a festa sería asar uns biosbardos para aproveitar a fogueira.

-Ou sí! Están moi bos! -Sí, saben moi ben. -O malo é atopar quen os poida coller.

-A nós xa nos coñecen porque teñen boa memoria.

Ten que ser alguén novo ou que veña de fóra.

-Sí, e de entre nós non pode ninguén. Só está o novo… se quixera el.

Contáronlle a cousa con todo o engado e o novo aceptou. Coáranlle o engano!

O de estar moi quedo e cos ollos pechados na beira do río agarrando dun saco.

-E para os que somos cantos hei de coller? -Cunha media ducia xa estaría ben.

E alá o levaron á beira do río

co saquete aberto a decir baixiño.

-Biosbardo, biosbardo…

salta do río e entra no fardo.

E ao pouco metéronlle unha pedra no saco para darlle azos e que seguira contando.

Despois da terceira deixárono alí e volveron á fogueira para poderse rir.

Cando pasou o tempo e o pescador non deu sinal acordaron que tiñan que ilo buscar

E ao chegaren alí vaia susto levaron. Non había ninguén no sitio onde o deixaron!

Correron o río arriba e abaixo,

e o monte todo sen dar nin co rastro.

Dandoo por perdido, ao xuntarse, acordaron iren á súa casa e alí contalo.

Tardaron o seu, pois ningún quería

ser o que tivera que dar a noticia.

E cando, por fin, petaron á porta abréulles o amigo coma se tal cousa.

E contoulles logo, escachando coa risa, que a historia era vella e que el xa a sabía.

que seguira o xogo, non por outra cousa, máis que aproveitar para volvérllela broma.

Que cando eles marcharon, para ir rir, ao outro lado aproveitou e enganounos marchando ao calado

Volveron á casa bastante amolados, Ben aprendidos e escaramentados.

Luísa, Roxelio e máis os ratiños agardan que vos gusten estes seus contiños.

Abur!