O son - Adela Leiro

Download Report

Transcript O son - Adela Leiro

o son

O son é un movemento de ondas de presión nun medio gasoso, líquido ou sólido.

O son precisa dun medio para trasmitirse. Viaxa a través dos materiais producindo vibracións nas moléculas.

Unha onda sonora é unha onda de presión que produce unha perturbación que se extende a través dos materiais.

As ondas de presión transmítense en todas direccións desde o foco emisor.

Un obxecto que oscila pode trasmitir enerxía a outros obxectos porque a oscilación exerce presión sobre as moléculas do material co que está en contacto, presión que se transmite dunhas a outras creando un movemento ondulatorio.

Velocidade do son A velocidade de propagación do son depende do tipo de material. Nos sólidos faino a maior velocidade que nos líquidos ou nos gases.

O son viaxa polo aire a unha velocidade aproximada de 331,5 m/s a unha temperatura de 0ºC, presión atmosférica de 1 atm (a nivel do mar) e humidade relativa de 0% (aire seco).

Na auga viaxa a unha velocidade catro veces máis alta.

emisores

A velocidade de propagación das vibracións é máis alta nos materiais densos (como os metais) porque as moléculas están máis próximas.

CUALIDADES DO SON

Intensidade Amplitude de onda Mídese en decibelios forte débil Altura (tono) Frecuencia de onda Mídese en hercios Timbre Armónicos de onda ou forma da onda agudo grave

A Intensidade indica a cantidade de enerxía acústica que contén un son. Está determinada pola potencia.

Un oído humano normal responde correctamente a intensidades entre 15 e 130 decibelios.

Por enriba dos 130 decibelios os sons vólvense físicamente dolorosos.

Altura (tono)

vibración lenta = baixa frecuencia = son grave vibración rápida = alta frecuencia = son agudo.

A frecuencia audible para o ser humano está entre 20 e 20.000 Hz. Vaise reducindo coa idade.

Por debaixo están os infrasóns e por enriba os ultrasóns.

O oído humano capta uns 1.500 tonos diferentes.

Timbre O timbre depende das características da fonte emisora do son (defínese por analoxía: áspero, metálico...) Cada corpo vibra de xeito diferente en función da súa natureza (madeira, metal, pel...), da súa forma, do seu tamaño ou pola forma de facelo soar (golpear, rascar, fregar...).

ruído

Emisores de sons: seres vivos

Emisores de sons: instrumentos musicais

INSTRUMENTOS IDIÓFONOS O son procede dun corpo sólido e xérase por vibración do instrumento mesmo, golpeando, fregando ou pulsando.

INSTRUMENTOS MEMBRANÓFOROS O son xérase pola vibración dunha membrana golpeando ou fregando.

INSTRUMENTOS CORDÓFONOS O son é xerado pola vibración dunha corda mediante percusión, fregado ou pinzamento.

INSTRUMENTOS AERÓFONOS O son xérase pola vibración do aire a causa do roce cunha lingueta, beizos ou cordas vocais.

INSTRUMENTOS ELECTRÓFONOS O son xérase por medios electrónicos.

receptores do son seres vivos

As ondas sonoras que se propagan a través do aire presionan nos tímpanos dos nosos oídos facendo que vibren. A vibración transmítese a través da cadea de osos e dos líquidos do interior do caracol converténdose en sinais eléctricas que viaxan ata o cerebro.

Os golfiños fan imaxes sonoras do seu entorno emitindo sinais que ao chocar cos obxectos rebotan en forma de vibracións que recollen a través da mandíbula inferior, desde onde son conducidas ao oído.

Algúns animais (morcegos, golfiños, baleas...) emiten ultrasons e recollen o seu eco para orientarse e para capturar as súa presas.

Micrófono Un obxecto produce ondas cando vibra. Se parte desta onda chega ao micrófono provoca a vibración dunha lámina metálica (diafragma) e a circulación da súa carga eléctrica.

As vibracións que producen na agulla do tocadiscos as irregularidades dos sucos do disco fan que esta presione as pastillas cerámicas da cápsula e estas á súa vez xeran impulsos eléctricos que, amplificados, convértense en son.

Os ultrasóns (sons de frecuencias superiores a 20.000 Hz que non perciben o oido humano) utilízanse para facer sondeos en medicina, na industria e como sistema de navegación.

Ecografía

A enerxía dos ultrasóns utilízase para destruir cálculos renais e para tratar lesións articulares.

Cun reflector fanse converxer as ondas para dirixilas a un punto específico. O son rompe as pedras en anacos máis pequenos que se poden expulsar facilmente polos uréteres.

A contaminación sonora é un dos problemas que afectan ao medio ambiente e que pode producir problemas ás persoas, especialmente en determinadas profesións (uso de maquinaria ruidosa) ou en zonas de moito tráfico, industrias, salas de festas...

ESCALA DE INTENSIDADE DOS SONS E OS SEUS EFECTOS

NÚMERO DE dB 0 5 10-20 25-35 40-45 50-60 65-75 85-95 RUÍDOS INTERIORES laboratorio de acústica laboratorio de acústica estudo de grabación estudo de radio conversa en voz baixa a 1,50 m.

vivenda en lugar tranquilo oficina tranquila vivenda normal restaurante tranquilo grandes almacéns conversa normal música de cámara vivenda ruídosa restaurante ruídoso música oficina con máquinas de escribir radio moi potente taller de torneado ou forxa RUÍDOS EXTERIORES follas axitadas polo vento nun xardín tranquilo.

embarcación de vela rúa con ruídos mínimos rúa residencial automóbil silencioso embarcacións a motor circulación importante automóbiles en carretera trens e metros modernos SENSACIÓNS QUE PRODUCEN umbral de audibilidade silencio inhabitual moita tranquilidade tranquilidade bastante tranquilidade ruídos correntes ruído bastante forte 100-110 120 130-140 motoserra prensa de troquelado obradoiro de caldeirería concerto de rock banco de ensaio de motores martelo pilón turborreactor en banco de ensaios rúa con tráfico intenso metro en marcha claxons de vehículos avión turbohélice a curta distancia martelo pneumático a 5 m motocicleta sen silenciador interior do metro tren pasando por unha estación motores de avión a pouca distancia ruído moi forte ruído dificilmente soportable umbral da dor esixe unha protección especial

Eco

primeiro avión supersónico (1947)

Concorde, mach 2,02 (2.140 km/h)

Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet Xaneiro 2012